Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Acer

MÁIS INFORMACIÓN
O pradairo é unha das máis grandes árbores dos nosos bosques xa que chega a acadar os 35m e como necesita solos ben desenvolvidos é indicadora da calidade do solo. A máis ten a capacidade de aguantar ventos salgados polo que pódese plantar coma curta ventos nas sebes preto do mar.

A súa madeira é de calidade, branca, lixeira e fácil de traballar. Noutros tempos facíanse con ela zocas e utensilios de cociña pero actualmente fabrícanse táboas e contrachapados para a elaboración de mobles, parquets, portas e instrumentos musicais, de xeito que é unha das madeiras máis comercializadas en todo o mundo. Asemade a súa leña é un bo combustible e produce un excelente carbón vexetal.

Deste  pradairo noutros países sácase o “zume de pradairo”, un xarope doce que se comercializa, aínda que son outros Acer os máis utilizados para a súa obtención.

ORIXE DO NOME
O nome de pradairo provén do nome latino para a árbore PLATANARIU, que deriva de PLATĂNU + o sufixo  - ARIU. A súa vez o nome de PLATĂNU crese derivado do grego  PLATANOS, que a súa vez viría do grego PLATYS , que significa “ancho”,  probablemente en  alusión á amplitude das súas follas.

OUTROS NOMES
Pradeiro

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos