Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.
Árbores
Matos
MÁIS INFORMACIÓN
O bidueiro é unha árbore frecuente na nosa paisaxe e a única capaz de chegar ás maiores altitudes galegas, polo que marca o límite de altura das árbores en Galicia. Dada a súa resistencia e beleza é frecuente atopala en parques e xardíns.
Probablemente pola súa abundancia, impermeabilidade da súa cortiza e flexibilidade téñase empregado en multitude de aplicacións:
No campo utilizábase a súa madeira adoito para as pezas do arado romano, xugos ou lareiros (usados para sacudir os froitos de castiñeiros). Actualmente aínda elabóranse con ela zocas e algún instrumento de labor, así coma contrachapados ou as máscaras do Entroido.
Co seu carbón fabricábase a tintura de imprenta.
Nas escolas utilizábanse varas desta árbore, polo que era coñecida coma “árbore da sabedoría”. Tamén con ramiñas facíanse vasoiras ou utilizábanse na malla.
A cortiza impermeable empregábase para a canalización de augas, coma polainas ou para facer o pergamino de escribir, que recibía o nome de “librum”,o que deu orixe a palabra libro.
A súa brea empregábase para impermeabilizar as peles.
Incluso as follas teñen utilidade, pois son diuréticas e foron remedio contra as inflamacións renais e da vexiga e para desfacer os cálculos renais.
ORIXE DO NOME
A palabra bidueiro vén do latín BETŪLARIO, que parece ser que era unha adaptación do nome céltico da árbore Betu.