Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Eucalyptus

MÁIS INFORMACIÓN
O eucalipto é unha árbore de orixe australiana introducida en Galicia coma explotación forestal hai case un século. O desgraciado concepto de bosque = monte = plantación, tan espallado no noso país ten transformada a nosa paisaxe, sobre todo nas zonas baixas, nun continuo de plantacións de eucalipto en vez de bosques e matos que corresponderían a esas altitudes.

Esta especie de crecemento rápido utilízase para a fabricación de papel e taboleiros, pois para carpintería non é moi apreciada.

As follas teñen propiedades balsámicas e antisépticas debido ao seu aceite esencial eucaliptol. Emprégase contra bronquite e catarros en forma de infusión ou en inhalacións.

ORIXE DO NOME
Vén do seu nome científico Eucalyptus, nome latino que deriva da palabra grega Ευκάλυπτος (eukaluptos) que significa “ben cuberto”, en alusión á tapadeira formada polos pétalos das flores.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos