Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos

Fagus

MÁIS INFORMACIÓN
A faia é unha árbore de porte elegante pouco común en Galicia, quizais porque ten aquí o seu límite sur de distribución, quizais porque explotáronse antano para a fabricación dos remos, temóns e taboleiros exteriores para o fondo dos navíos da Armada Española, ao ter unha madeira que non podrece. Non obstante, a partir do s. XVIII a maioría das faias utilizadas eran de Navarra e Viscaia. Tamén a madeira de faia utilizábase para fabricar os  instrumentos de labor, carretas, toneis, cadeiras e caixas e na  actualidade úsase en ebanistería, carpintería e fabricación de parqués.

Os froitos da faia, os faiucos, son moi nutritivos, cousa que aprecian os animais do bosque aos que serven de alimento. Para os humanos tamén son comestibles, pero prexudican ao fígado; non obstante o seu aceite é alimenticio e de sabor doce. Este aceite usábase antigamente coma aceite de alumeado.

Curiosamente, a principios do século XX sácase desta árbore unha brea coma remedio para combater a tuberculose.

O  porte elegante da faia e a súa coloración outonal fan que sexa moi utilizada en xardinería.

ORIXE DO NOME
O nome de faia provén do nome latino FAGUS, que a súa vez provén do grego PHAGOS, “comer”, aludindo ao moi nutritivos froitos das faias.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos