Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos

Frangula

MÁIS INFORMACIÓN
O sanguiño é unha pequena árbore dos bosques húmidos do país cuxas distintas partes teñen utilidade.

A cortiza da árbore adulta servía para curtir de vermello o coiro, pero ao ter que arrincar a cortiza morría o vexetal. Os froitos tamén se utilizaban para o mesmo fin, pero a tintura que daban era verde.

A madeira utilízase en tornería e queimada a fogo lento daba un carbón de boa calidade para fabricar pólvora.

As partes que teñen propiedades medicinais son a cortiza e o froito. A cortiza é laxante e purgante mentres que o froito produce vómitos e cocidos en leite téñense utilizado para combater a sarna.

ORIXE DO NOME
O nome do Sanguiño provén dun adxectivo latino SANGUĪNĚUS, que alude a cor da súa casca, vermella escura.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos