Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Freixo

MÁIS INFORMACIÓN
O freixo é unha das árbores que embelece as ribeira dos nosos ríos e xardíns. Se ben polo norte e occidente é máis frecuente o freixo de folla ancha, polo sueste substitúese polo de folla estreita. Ambos os dous  utilízanse para a obtención da súa madeira dura, flexible e resistente aos golpes repetidos. Esta última característica faina  apreciada para a elaboración de paos de hockey ou raquetas de tenis pero sobre todo, no agro galego tíñana en moita estima para fabricar distintas partes do carro, como o seu eixo ou mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos. Non soamente os labregos apreciaban a madeira de freixo, tamén a Armada Española utilizaba os freixos do norte de España para a  elaboración de motóns para a “cordelería” dos barcos e  para as “cureñas” de artillería. Ademais subministra excelente leña e carbón.

No eido da Medicina popular as follas en infusión teñen servido coma laxante, diurético, para combater as enfermidades renais e o reuma mentres que a cortiza serve para baixar a febre.

ORIXE DO NOME
O nome de freixo provén do latín FRAXINUS, que da nome o xénero. A súa vez FRAXINUS era o nome que empregaban os romanos para esta árbore e parece derivar do grego “PHRAXIS” – sebe, cerca, nome que lle vén por ter sido empregada esta árbore nas sebes.

Máis información sobre esta árbore.



Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos