Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Acivro

MÁIS INFORMACIÓN
O acivro é unha pequena árbore ben vistosa polos súa bagas vermellas e as follas verde brillantes, moitas veces espiñentas. É unha árbore apreciada polos animais do bosque coma o leirón careto, gris ou corzo, pois as súa bagas sérvenlles de alimento no inverno. Tamén é apreciada polos humanos, que tradicionalmente empregan as ramiñas con froitos coma enfeite de Nadal e a árbore completa coma árbore de xardinería, pois fai ben de sebe e aguanta as podas.

A madeira de acivro é pesada, non flota, é fácil de tinguir e boa para construción. Por exemplo, as ventás do Palacio Real de Madrid foron feitas desta madeira.

Da cortiza do acivro obtense unha cola para cazar paxaros, a coñecida “liga”.

En canto aos seus beneficios medicinais, os froitos son purgantes e vomitivos en grandes doses, as follas diuréticas e a cortiza febrífuga.

ORIXE DO NOME
O nome acivro vincúlase ao latín AQUIFŎLIUM , nome que fai referencia ás agullas das follas da planta, aínda que hai que considerar a variante con ACI -  = ACIFŎLIUM  , que daría *acebo, acivro.

OUTROS NOMES
Acevro, acevo, acivo.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos