Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Loureiro

MÁIS INFORMACIÓN
O loureiro considérase unha especie relicta do Terciario. É unha das árbores máis frecuentes en Galicia, aínda que sexa cultivada, como o bosque artificial da illa de Cortegada. Esta abundancia nótase na gran cantidade de nomes de lugar relacionados coa árbore.

Probablemente o cultivo do loureiro vén de moi lonxe pois xa en Roma era símbolo de triunfos militares, artísticos ou deportivos, o que deu orixe a palabra bacharelato de BACCA – LAUREATUS. En Galicia, aínda no século pasado, colocábanse cruces de loureiro nas habitacións ou queimábanse ramallos de loureiro para o mesmo fin. Esta idea de árbore protectora continúase noutros moitos costumes, coma poñer un ramallo de loureiro ao rematar unha construción, ou nos barcos, ou penduralo das fiestras unha vez bendito o domingo de ramos. De feito plantábase ao carón das casas polo mesmo motivo e facíanse fumazos con el para protexer contra o “aire de morto”.

Máis preto no tempo o uso actual das  follas é o adobado de guisos e caldos, ou coma tónico estomacal e para provocar a regra. A súa esencia foi recomendade para combater o reumatismo en pomada. A madeira, moi dura, é de utilidade en marquetería e antes da invención dos mistos empregábase ás veces para acender o lume, fretando entre si dúas ramiñas secas e botando enriba xofre en po.

ORIXE DO NOME
O nome loureiro vén do latino LAURARIU = LAURUS + -ARIU .  O nome romano LAURUS parece derivar do celta lawr ou blawr: verde, en alusión as súas follas sempre verdes.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos