Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Oliveira

MÁIS INFORMACIÓN 
A oliveira, xunto coa aciñeira son especies mediterráneas por excelencia. En Galicia so aparece na actualidade no extremo sueste, onde o clima é máis mediterráneo pero non debeu rara, coma proban os abundantes nomes de lugar e apelidos.

É unha especie lonxeva que se cultiva en grandes extensións do sur de España para a extracción do aceite dos seus froitos e polos propios froitos. Probablemente as ordenanzas do século XVIII que promoveron o cultivo no sur fixeron que desapareceran os cultivos galegos. O aceite úsase para suavizar a pel, é famosísimo na alimentación humana, na industria de xabóns e cosméticos.  As follas  diminúen a tensión sanguínea e o nivel de glicosa en sangue; tamén son tónicas e febrífugas.

A súa madeira, de cor pardo e veta pardo – avermellado, é moi dura e compacta polo que é apreciada por ebanistas e torneiros, sendo ademais un excelente combustible e moi adecuada para fabricar carbón.

No ámbito máxico, na antiga Roma os triunfadores dos xogos olímpicos eran coroados con ramas de oliveira, que sería n equivalentes á medalla de ouro actual. En Galicia plantábanse nos adros das igrexas para protexer contra o raio e os malos espíritos. Por outra banda é unha das árbores que se bendice o domingo de ramos no ritual católico.

ORIXE DO NOME
Oliveira vén do nome latino para a oliva, latín OLEA + -ARIA. A súa vez OLEA parece derivar do celta olew ou el: aceite, de onde procede tamén ao nome grego elaia..

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos