Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Lamagueiro

MÁIS INFORMACIÓN
Unha das árbores máis facilmente recoñecibles na primavera é o lamagueiro,  pois  o espallado das súas sementes polo vento provoca unha auténtica choiva de “algodón”. En Galicia non deixa de ser unha árbore confinada ás ribeiras dos ríos do leste,  nos que ás veces aparece cultivada para axudar a fixación das marxes.  Non obstante é frecuente en parques e xardíns.

A abundancia do lamagueiro, sobre todo noutras partes de España, fixo que se empregara con frecuencia a súa lixeira madeira para vagóns de tren, tarimas, pasta de papel, motóns e bombas de achique para os barcos da Armada pero tamén para a fabricación de embalaxes, xoguetaría e carpintería lixeira. A cortiza utilizábase coma curtidor, e xunto coas ramiñas e follas proporciona unha tintura de cor amarelo.

En canto a súa utilidade medicinal sábese desde antigo que as xemas son boas contra as almorrás.

ORIXE DO NOME
O nome lamagueiro, lamigueiro provén da palabra de orixe prerromana “lama”, co significado de lugar enchoupado e lamacento. O contacto co mundo latino faría derivar a árbore cara LAMICARIO, LAMECARIO ou LAMACARIO, que daría lugar posteriormente ao  nome lamagueiro.

OUTROS NOMES
Lamigueiro, chopo, álamo negro.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos