Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Bruñeiro

MÁIS INFORMACIÓN
Esta pequena árbore espiñenta bordea aos bosques desde onde os protexe do exceso de pastoreo. Precisamente polas súas espiñas, por aguantar ben a contaminación e as podas e porque enraíza con facilidade, atópase adoito nas sebes.

Por máis que o bruñeiro nunca acada grandes tamaños, ao ser a súa madeira dura e resistente utilizouse no pasado para fabricar mangos de ferramentas e pequenos obxectos torneados.

Na primavera as flores desta rosácea inundan o campo galego, sendo aproveitadas polas abellas e polas eirugas das bolboretas. Os humanos tamén as utilizamos  para preparar tisanas laxantes.

No verán aparecen os bruños maduros, ricos en vitamina C, azucres e con gran cantidade de taninos que lles dan unha textura lixeiramente áspera, daquela cómense coma astrinxentes. Os bruños son os irmáns silvestres das coñecidas ameixas, máis téñense en gran estima, sobre todo en Navarra, onde se empregan para a elaboración do coñecido licor “Patxarán”.

ORIXE DO NOME
O nome de bruñeiro provén dun derivado da palabra latina que da nome ao froito PRǓNU “ameixa” , * PRǓNĚU + o sufixo – ARIU/-ARIA.

OUTROS NOMES
Bruñeira, abruñeiro, ameixeira brava.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos