MÁIS INFORMACIÓN
En Galicia os únicos aciñeirais están nas montañas orientais, sobre todo na conca do río Sil e non se explotan a non ser para leña.
Noutras partes de España, coma Extremadura ou Andalucía, teñen gran tradición as explotacións sostibles tipo devesa, no que o aciñeiral está clareado para que poidan pastar porcos. Os porcos criados deste xeito son logo matados para xamóns de calidade. A máis outros aciñeirais de España, coma algúns de Teruel, serven para o cultivo da apreciada trufa nas súas raíces.
Tamén tense utilizado a cotío para obter un carbón vexetal excelente e a súa cortiza usouse en tempos para curtir.
ORIXE DO NOME
Todos estes nomes proveñen do latín ĪLEX, ĪLǏCE , a través dun derivado do latín vulgar ĪLǏCĪNA, coma o nome de “encina” en castelán + o sufixo – ARIA daría lugar a aciñeira, o nome máis común desta árbore.
OUTROS NOMES
Anciñeira, enciña, anciña.