Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Carballo

MÁIS INFORMACIÓN
O carballo é unha fermosa árbore de gran porte que vén do Cretácico, diversificouse no Terciario e chega a vivir máis de 1000 anos. Era a árbore que representaba ao país, coma demostran os frecuentes topónimos, pero na actualidade quedan poucos bosques de carballo ben conservados e os seus pés non deixan de ser minoritarios, en xeral un tanto raquíticos e moitos enfermos de Oidium, un fungo que debilita á árbore e lle provoca manchas brancas nas follas.

As causas da diminución das carballeiras, o bosque potencial de gran parte de Galicia, hai que buscalas nun uso lamentable do bosque desde hai milenios:

As escasas carballeiras que quedan teñen un gran valor ecolóxico, conservan en manteñen solos fértiles e profundos, regulan o réxime hídrico, ofrecen refuxio e alimentos a numerosos animais do bosque, coma ferreiriños, papuxas, tordos, pequenos roedores ou mamíferos máis grandes coma corzos. Baixo eles crecen gran diversidade de plantas e fungos, que son aproveitables que son aproveitables facéndoo de xeito razoable, do mesmo modo que o aproveitamento da súa madeira.

Como era de esperar nunha árbore antigamente tan común hai numerosas tradicións e costumes vinculados con ela.  Crese que ás veces formaban bosques sagrados. Preto de vellos carballos construíronse santuarios, que probablemente convertéronse en santuarios católicos co paso do tempo, coma ocorre en Santa Mariña de Augas Santas, que tiña un vello carballo que levaba “sangue” en vez de zume. Ao redor dalgún carballo facíanse ritos para quitar o tangaraño aos nenos (probablemente o raquitismo); tamén curaba as crebaduras dos nenos, lumbalxias e outras afeccións dos ósos. Asemade críase que eran eficaces contra meigallos, feridas de ollo, sombras, etc.

ORIXE DO NOME
Non está clara se a súa orixe é prerromana, ibérica ou preindoeuropea. A opinión máis estendida é que deriva da voz prerromana CARBA + o sufixo –ALIU. A raíz CARB-, CARV parece significar “ramaxe”, de onde derivaría mato e carballo novo ou tamén podería derivar de  *KAR -  que significa “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura”.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos