Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Sobreira

MÁIS INFORMACIÓN
As sobreiras aparecen por todo o país nas zonas máis cálidas.

Se ben a madeira é excelente para queimar, a parte que máis se aproveita é a cortiza. Os romanos xa a usaban para fabricar sandalias e facer flotar as redes mariñeiras pero non foi ata a aparición das botellas de vidro no século XV e XVI cando a industria da cortiza empezou a desenvolverse para facer  tapóns para botellas de viño. Na actualidade tamén se utiliza coma illante sonoro e térmico e na industria do calzado. Asemade aínda hoxe utilízase para a fabricación de cortizos (trobos) tradicionais para as abellas.  A extracción de cortiza faise cada 8-12 años, para permitir a súa rexeneración.

Tamén a cortiza da sobreira contribuíu ao avance científico do século XVII, pois o naturalista inglés R. Hooke describiu por 1ª vez  na cortiza da sobreira a estrutura celular dos seres vivos complexos.

Outra parte que nos é útil da sobreira son as súas  landras, que contribúen á biodiversidade dos bosques onde se atopan, pois son alimento de moitos animais. Nos terreos en explotación son comidas polos porcos, ademais, coma maduran ao longo do ano permiten unha alimentación máis prolongada, aínda que os cochos gustan máis das landras da aciñeira.

ORIXE DO NOME
Viría do seu nome latino SUBER + sufixo –ARIA. O nome SUBER tamén indicaría o nome romano para cortiza.

OUTROS NOMES
Corticeira.

Volver a árbores

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos