MAÍS INFORMACIÓN
Esta emblemática árbore de nome celta ten unha importancia vital no mantemento das poboacións de animais en inverno ao serviren os seus froitos de alimento aos osos, raposos e outros animais e sobre todo a moitas aves coma os paporrubios, os tordos ou as pegas. A máis, os froitos do capudre utilizáronse en tempos en marmeladas para combater o escorbuto, grazas ao seu contido en vitamina C, tres veces maior co das laranxas. Asemade descubriuse no século XIX que contiñan o azucre sorbitol, o que deu pé a súa obtención a partir de glicosa e a súa utilización na industria química para a fabricación de ácido ascórbico (vitamina C) ou coma humectante, estabilizante e edulcorante (E-420) en alimentos, cosméticos, produtos para diabéticos e goma de mascar. A partir da fermentación dos froitos prodúcese un augardente que é a base do vodka dos países nórdicos.
A madeira, de gran dureza serviu antano para a realización de pezas expostas a un forte roce coma puntas de moliños ou fusos. Hai séculos, noutras zonas de Europa incluso chegou a substituír ao teixo na fabricación de arcos.
ORIXE DO NOME
O nome de capudre parece derivar dunha raíz indoeuropea e céltica triu y treow, que significaría “árbore”.
OUTROS NOMES
Cancereixo,escornabois.