Historia da protección do noso territorio
A U.E. decidiu xa hai tempo asegurar a súa biodiversidade mediante a conservación dos seus hábitats, flora e fauna silvestre a través da Directiva Hábitat, co fin de obter unha rede ecolóxica denominada “Rede Natura 2000” que englobase todos os LICs, tanto zonas ZEC coma zonas ZEPA.
A directiva define hábitat non coma o espazo físico onde se atopa un ser vivo senón coma un ecosistema que pode ser orixinado naturalmente ou artificialmente, pero en ámbolos dous casos os organismos viven en condicións naturais, é dicir, libremente e sen estar sometidos a un manexo.
Para que un hábitat sexa considerado hábitat de interese comunitario debe cumplir 3 condición:
A máis un hábitat natural prioritario é aquel que se atopa ameazado de desaparición.
Na Unión Europea, dos 2500 grandes tipos de hábitats que se consideran, 197 deles son de interese comunitario, 53 dos cales son prioritarios. En España hai 121 tipos e en Galicia hai 65 tipos, dos que 13 son prioritarios.
Texto íntegro da Directiva Hábitat 92/43/CEE - Modificación da Directiva de 1997
É a rede de espazos naturais protexidos da U.E. creada co obxecto de salvagardar os hábitats naturais e as especies máis importantes de Europa así como facilitar o movemento das mesmas entre estes hábitats.
En Galicia correspóndense coas zonas ZEPVN da Lei da Natureza, cuxo rexistro está nas listas dos LIC aprobadas pola U.E.
As súas actividades son a vixilancia e seguimento, reintrodución de especies autóctonas, investigación e educación.
O Convenio sobre os humidais firmado en Ramsar (Irán) é o tratado internacional que regula a conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos, especialmente como hábitats de aves acuáticas, para contribuír ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo.
España ratificouno en 1982 e ata hoxe en día 154 países xa o ratificaron. Isto significa máis de 1600 humidais protexidos en todo o mundo, o que traducido en hectareas supón máis de 145 millóns.
No convenio Ramsar considérase un humidal calquera extensións de marismas, pantanos e turbeiras, ou superficies cubertas de augas, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña a profundidade da cal en marea baixa non excedan de seis metros. Ademais, poderán comprender as súas zonas ribeirás ou costeiras adxacentes, así como as illas ou extensións de auga mariña dunha profundidade superior aos seis metros en marea baixa, cando se atopen dentro do humidal.
En Galicia os sitios Ramsar son os correspondentes aos Humidais da Lei de Conservación da Natureza de Galicia.
Son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nos que se promove a investigación, a observación a longo prazo, a educación ambiental e a sensibilización do público. Nelas promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta todas as necesidades sociais, culturais e económicas dos seus poboadores, apoiadas nunha base científica.
As reservas da Biosfera de Galicia son Terras do Miño/ Área de Allariz/ os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá/ río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Esta lei, baseándose nas directivas europeas de hábitats e aves e no convenio Ramsar, define o que é un espazo protexido e clasifica os lugares de interese comunitario do país nestas 9 categorías: Reserva natural, Parque Nacional, Parque Natural, Humidal protexido, Monumento Natural, Paisaxe protexida, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), Espazo natural de interese local e Espazo privado de interese natural.
O conxunto de espazos protexidos constituyen o 12% do territorio galego.