Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Humidal protexido rías de Ortigueira e Ladrido

As rías de Ortigueira e Ladrido atópanse na costa norte de A Coruña, flanqueadas ao leste polo cabo de Estaca de Bares e ao oeste polo cabo Ortegal. As dúas rías forman un típico sistema de estuario con saída ao mar aberto. Ao confluír no estuario a desembocadura de varios ríos e regatos de pequeno caudal, fórmanse amplas marismas e chairas intermareais.

Coma consecuencia das súas características xeomorfolóxicas, localización e condicións climáticas o humidal contén unha importante diversidade de hábitats costeiros en bo estado de conservación representativos da rexión bioxeográfica atlántica. Entre estes hábitats atópanse algúns de protección prioritaria, como os prados submareais  de cebado (Zostera marina),as dunas grises con vexetación herbáceas, as carroucheiras secas costeiras e os restos de bosques de ribeira que aparecen nas marxes dos ríos.Ría de Ortigueira

Asemade na praia de Morouzos atópanse as depresións intradunais húmidas mellor conservadas de todo o norte galego, coas xunqueiras características  cos xuncos Juncus acutus e Scirpus holoschoenus.

Por outra banda todo este complexo de estuario, areas lamacentas e areosas e pastos salinos gardan gran cantidade de alimento para as aves acuáticas e limícolas.

Hábitats e flora

Extremo norte, en contacto coa zona litoral aberta: (extensión pequena):
. Cantís baixos con vexetación de costa atlántica
. Carroucheiras secas atlánticas de Erica vagans (hábitat prioritario) e o toxo Ulex maritimus (son hábitats prioritarios)

Área interna do estuario:
. Prados submareais de cebado (Zostera marina) nos fondos lamacentos ou areosos cubertos durante a baixamar
. Extensas chairas intermareais de lama e area colonizadas por prados mariños de cebado (Zostera noltii).

Transición entre as chairas intermareais e os niveis superiores da marisma:
. Pastos salinos mediterráneos de espartina.

Niveis superiores da marisma:
. Sarcocornia e o xunco Juncus maritimus

Zonas de contacto entre as augas doces coas zonas de marisma inundadas de auga salgada
. Comunidades dominadas polo xunco Scirpus maritimus var compactus acompañada ocasionalmente por antelas (Scirpus lacustris) e carrizais de Phragmites australis

Parte externa das rías
. Dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles litorais con Amophila arenaria (dunas brancas) e dunas grises.

Desembocadura dos pequenos cursos de auga
. Pequenas manchas residuais dos bosques húmidos de salgueiro e ameneiro, que constitúen zonas de transición entre os humidais estuarios e os continentais de auga doce. Son hábitats prioritarios.

  
Datos xerais
Superficie: 2.985,28 Ha
Altitude: 0 - 117 m
Tª medias: 13 ºC Ausencia case total de xeadas.
Precipitación: 1.100 mm
Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico- Asturiano, subsector Cantábrico occidental (1)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
Humidal Ramsar
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos