Humidal Protexido da Ría de Ribadeo
A ría de Ribadeo inclúe os últimos 4 km do río Eo baixo influencia da marea e o esteiro que forma a súa desembocadura no extremo noleste da provincia de Lugo, facendo fronteira con Asturias. Asemade atópanse dentro do espazo cantís baixos vexetados na parte máis externa entre Ribadeo e a illa Pancha.
Coma consecuencia das súas características xeomorfolóxicas, localización e condicións climáticas o humidal contén unha importante diversidade de hábitats costeiros en bo estado de conservación con algunhas comunidades vexetais de importancia estatal e internacional, coma os prados submareais de cebado ( Zostera marina).
Parte externa:
. Cantís baixos vexetados
. Carroucheiras secas atlánticas de Erica vagans (hábitat prioritario)
Na metade interna:
. Prados submareais de cebado (Zostera marina)
. Extensas chairas intermareais de lama e area colonizada por prados mariños de cebado (Zostera noltii) e verdello (Salicornias).
Máis interna, próximas a Vegadeo:
. Marismas dominadas por Xunqueiras halófilas de Juncus maritimus e as matogueiras salinas termo atlánticas,que son representativas da rexión Atlántica.
Zonas máis internas
. Carrizais subhalófilos, pequenas formacións de Cladium mariscus e formacións herbáceas de xuncos (Scirpus maritimus var. conepatus) e o xunco en perigo de extinción Scirpus pungens.
Pequenas charcas do interior das Xunqueira
. Formacións de xebra (Ruppia maritima).
Interior da marisma e desembocadura dos pequenos cursos de auga
. Pequenas manchas residuais dos bosques húmidos de salgueiros e ameneiros, que son hábitats prioritarios.
Superficie: 1.740 Ha Altitude: 0 - 30 m Tª medias: 13,9 ºC e ausencia de xeadas Precipitación: 1.019 mm Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica, subprov. Orocantábrica Sector Galaico- Asturiano, subsector Cantábrico occidental (1) |
Medidas de protección |