Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Humidal protexido Complexo intermareal Umia - O Grove

O complexo intermareal de Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira está situado entre as rías de Arousa e de Pontevedra, está constituído por tres sectores ben diferenciados:

Umia - O GroveEn todos os sectores están moi ben representados os sistemas dunares e as zonas húmidas de trasduna. Destaca a praia da Lanzada (3,5km) e o seu sistema dunar asociado. Estas dunas están inzadas de charcas e poceiras temporais semipermanentes , en boa parte poboadas por vexetación helofítica, que tamén aparecen nos arredores nas zonas húmidas de auga doce da lagoa Bodeira, as pozas de Carreirón (Illa de Arousa)  e as lagoas e pozas naturalizadas de Rouxique, no contorno da enseada do Bao, produto de antigas extracción de arxila, que son fundamentalmente espadanas (Typha sp.) e en menor cantidades carrizos (Phragmites australis) e xunqueiras de lagoa (Scirpus sp) na Lanzada, Noalla, A Bodeira e O Carreirón. 

Na parte sur do istmo hai xunqueira salinas e unha extensa zona húmida ocupada por espadaneiras e ameneirais pantanosos (Rego dos Mouros, Noalla).

Na parte máis interior de toda a costa aparece algún piñeiral, mato e terras de cultivo.

Hábitats e flora

Xa incluído no texto anterior.

  
Datos xerais
Superficie: 2.813 Ha
Altitude: 0 - 15 m
Tª medias: 14,6 ºC
Precipitación: 1.244 mm
Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico – Portugués, subsector Rías Baixas (2b)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
Humidal Ramsar
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos