Humidal protexido lagoa e areal de Valdoviño
O Complexo húmido da lagoa e areal de Valdoviño, situado no norte da provincia de A Coruña, entre Ferrol e Cedeira, está constituído basicamente polos dous medios ecolóxicos do seu título. O primeiro, a lagoa da Frouxeira, é un dos mellores exemplos de lagoas costeiras de Galicia; é unha ampla lagoa de auga salobre que presenta comunicación estacional co mar a través dun canal de desaugue. Estendéndose ao norte aparecen tamén as lagoas de Doniños e San Xurxo, de augas doces e actualmente desconectadas da influencia mariña. Nestas lagoas aparecen importantes formacións de vexetación palustre e orlas de bosques pantanosos.
O segundo medio é un extenso sistema dunar de 10km no que desemboca o río Magno, con amplas praias abertas que separan a lagoa da Frouxeira do fronte costeiro. As dunas con frecuencia esténdense sobre os cantís próximos, como na Punta Frouxeira.
Os hábitats que atopamos nesta zona son principalmente representativos de lagoas costeiras (hábitats prioritarios) e praias de areas e dunas que, en xeral, están en bo estado de conservación.
O sistema dunar é o ecosistema máis importante no que se atopan varios
hábitat incluídos no anexo I da directiva Habitat con vexetación característica. Aparecen:
O contacto das dunas grises coa lagoa permite a aparición dunha pequena marisma con herbais algo resistente á salinidade dominados por distintas xuncáceas coma o xunco Scirpoides holoschoenus e o xunco mouroSchoenus nigricans. Nas zonas máis húmidas da trasduna Cladium mariscus tamén é abundante.
Na lagoa, o leito acuático está colonizado pola xebra (Ruppia maritima) nos fondos areosos mentres que na zona litoral instálanse extensos carrizais de Phragmites australis, entre os que se intercalan pastos de distintos xuncos (Juncus maritimus, Scirpus maritimus) e antelas (Scirpus lacustris).
A parte máis externa da lagoa conserva varios hábitats prioritarios, coma as pequenas manchas de bosques pantanosos de salgueiros e ameneiros, con espadanas amarelas e molinas no sotobosque e intercalacións de matos de brañas, con distintas carrouchas de (Erica tetralix, E. Ciliaris) e a queiruga (Calluna vulgaris).
Superficie: 740,70 Ha Altitude: 0 - 239 m Tª medias: 13 ºC e ausencia case total de xeadas Precipitación: 1.376 mm Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC. |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica Sector Galaico- Asturiano, subsector Cantábrico occidental (1) |
Medidas de protección |