Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Monumento natural Fraga de Catasós, 2000

A Fraga de Catasós, tamén denominada Carballeira ou Souto de Quiroga atópase no nordeste da provincia de Pontevedra no termo municipal de Lalín. É unha pequena área de bosque caducifolio autóctono de gran singularidade e beleza que se desenvolve sobre solos orixinados a partir de micacitas básicas.

Flora

Esta fraga constitúe un bo exemplo de bosque mixto de carballos con castiñeiros. Tal é así que aquí se atopan algunhas das mais senlleiras árbores de castiñeiro de toda Europa, con exemplares de ata 30 m e máis de 5 metros de perímetro na base.

Ademais no estrato herbáceo aparece un dos narcisos endémicos de Galicia e norte de Portugal o
Narcissus cyclamineus en situación vulnerable e recollido no anexo da Directiva Habitat.

Fraga de Catasós

  
Datos xerais
Superficie: 4,52 Ha
Altitude: 550 m
Tª medias: 12,7 ºC e case sen xeadas
Precipitación: 1.290 mm
Bioclima: Oceánico semihiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 11 e 14ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico interior, subsector Ulloa-Deza (3b)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos