Monumento natural Costa de Dexo, 2000
A Costa de Dexo sitúase na liña litoral ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares e Betanzos e da Coruña, no fondo do denominado golfo Ártabro no concello de Oleiros, nunha zona de xistos moi sensibles á meteorización física. Ao longo do espazo aparecen cantís de ata 38m fortemente erosionados, numerosas caliñas, furnas e algúns illotes como o da Marola de altura media - baixa. Este Monumento ten a peculiaridade de ter unha veta clara moi visible de pórfido granítico que da nome a punta do Seixo Branco, visible incluso desde a localidade de A Coruña.
Atópanse nesta área comunidades de vexetación desenvolvida sobre o pobre solo das gretas e repisas dos cantís. Algo máis arriba aparecen herbais e matos costeiros protexidos pola directiva Habitat, con varios endemismos galaicos e ibéricos noroccidentais como a herba de namorar, a anxelica dos cantís, a colexa mariña, a aceda biformis e o toxo marítimo (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), varios deles sometidos a diversos graos de ameaza.
Os terreos máis elevados e afastados do mar están cubertos en gran parte por plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos, entre os que aparece algunha árbore autóctona, como carballo, cerquiño e loureiro, así como matos dominados polo toxo.
Superficie: 266 Ha Altitude: 0 - 38 m Tª medias: 13,9 ºC e ausencia de xeadas Precipitación: 1.012 mm Bioclima: subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC. |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica Sector Galaico – Portugués, subsector Fisterrano (2a) |
Medidas de protección |