Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Monumento natural Souto da Retorta, 2000

O Souto da Retorta, tamén chamado o eucaliptal de Chavín sitúase no noroeste da provincia de Lugo no concello de Viveiro. Desenvolvido sobre rochas graníticas este eucaliptal con árbores de enormes dimensións xurdiu coma un predio nas proximidades do río Landro.

Flora

A singularidade deste Monumento Natural radica na lonxevidade e enormes dimensións destes eucaliptos; varios deles superan os cen anos e probablemente algúns deles acaden as maiores dimensións destas árbores en Europa; un dos exemplares, “O avó”, acada unha altura de máis de 60m e un perímetro de máis de 7 metros. Pero tamén é curioso como no estrato arbóreo inferior desenvólvese o bosque clímax  correspondente a esta área, a carballeira de baixa altitude co fento blecho no substrato herbáceo.

  

Souto da Retorta

Datos xerais
Superficie: 3,19 Ha
Altitude: 30 m
Tª medias: 13 ºC
Precipitación: 1.412 mm
Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 8 e 11ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico- Asturiano, subsector Cantábrico occidental (1)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos