Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Monumento natural Carballa da Rocha, 2007

A Carballa da Rocha está situada ao suroeste da provincia de Ourense  na comarca da Limia na conca do río Limia. Este pequeno espazo serve para estudar como a actividade agrogandeira tradicional convive en harmonía coa vexetación autóctona da zona, con pequenas masas forestais, prados, matos e zonas húmidas que xeran unha importante diversidade biolóxica.

Flora

Como o nome do espazo indica, a singularidade do mesmo vén dada por unha enorme árbore senlleira, a carballa da Rocha, cun perímetro de case 7 metros na base e máis de 30m de altura, vinculada desde antano ás lendas e contos dos habitantes da zona e as romerías da próxima capela da Virxe da Mercé.

  

Carballa da Rocha

Datos xerais
Superficie: 0,63 Ha
Altitude: 625 m
Tª medias: 10,6 ºC
Precipitación: 867 mm
Clima: Oceánico, no límite entre o semihiperoceánico, cunha amplitude térmica entre 11 e 14ºC e o euoceánico, cunha amplitude entre 14 e 17ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico interior, subsector Penedense (3e), subsector Xuresiano (3f)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos