Monumento natural Souto de Rozabales, 2000
O Souto de Rozabales sitúase no extremo nororiental da provincia de Ourense no concello de Manzaneda sobre solo desenvolvido a partir de granitos. Este é un dos soutos adevesados explotados polos campesiños galegos durante séculos mediante o enxerto de castiñeiros para obter castaña e madeira. Pero ademais constitúe un exemplo extraordinario de como as explotacións agrogandeiras en equilibrio coa natureza poden constituír ecosistemas de gran biodiversidade, incluíndo a presenza de fauna pouco habitual nos nosos bosques.
A importancia deste souto radica nos exemplares de castiñeiros, de extraorinaria beleza e lonxevidade, pois algúns deles teñen máis de 1000 anos, sendo verdadeiras catedrais da Natureza; un dos exemplares, o ''Castiñeiro de Pumbariños'', acada o enorme perímetro de 12,5 m.
Superficie: 1,8 Ha Altitude: 680 m Tª medias: 11.1 ºC Precipitación: 1.004 mm Bioclima: Oceánico euoceánico, cunha amplitude térmica entre 14 e 17ºC. |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica Sector Berciano-Valdeorrés, subsector Valdeorrés (4a) Provincia Atlántica Europea, subprovincia Orocantábrica Sector Galaico-Duriense, subsector Queixense (6a) No límite entre os dous sectores |
Medidas de protección |