Parque Nacional das Illas Atlánticas, 2002
O Parque Nacional das Illas Atlánticas sitúase nas Rías Baixas e está constituído por catro arquipélagos: Sálvora, na Coruña, e Cortegada, Ons e Cíes en Pontevedra, as dúas primeiras na ría de Arousa, Ons na boca da ría de Pontevedra e Cíes fronte á boca da ría de Vigo. Agás Cortegada, que está preto da costa fóra da influencia oceánica, os outros tres arquipélagos caracterízanse pola súa exposición ao mar aberto.
O Parque posúe a denominación de Parque Nacional pola excepcional biodiversidade e estado de conservación do seu medio mariño, cunha salinidade media de 33-36 e temperaturas frescas durante todo o ano temperadas pola Corrente do Golfo. Asemade a influencia mariña déixase sentir no litoral grazas a amplitude das mareas, cuns máximos de 4m.
As áreas emerxidas dos arquipélagos son fortemente acantiladas cara o mar aberto e presentan formar xeomorfolóxicas interesantes coma furnas, sobre todo en Cíes e en menor medida no arquipélago de Ons. As marxes orientadas cara a costa presentan un relevo máis suave, con pequenos cantís alternando con longas praias de fina area. Destacan tamén no Parque Nacional os sistemas dunares, como a praia-barreira de Rodas en Cíes, así como a illa Vionta, cuxo perímetro é practicamente todo areal. Nestes sistemas dunares aparece a vexetación típica deles.
Como xa se dixo o Parque Nacional leva a súa importancia sobre todo do seu medio mariño, pois a súa cuberta vexetal, se excluímos a vexetación dunar, está composta maioritariamente por árbores de repoboación coma piñeiros e acacias xa que as queimas, cortas, pastoreo e repoboacións con especies alóctonas provocaron a desaparición case total da cuberta arbórea natural. Non obstante é de destacar o pequeno bosque de cerquiños de Malveira Grande (Cortegada), probablemente o mellor conservado da Galicia costeira e o famoso bosquete de loureiros de Cortegada, único en toda Galicia, a pesares de ser artificial.
Se ben a maioría do espazo natural está cuberto por árbores de repoboación, a vexetación de cantís mariños, dunas e marismas está moi ben conservada.
Destacan as comunidades vexetais de dunas e cantís ligados a solos nitrificados polas deposicións das aves mariñas.
Na trasduna aparece a camariña (Corema alba), un dos matos costeiros máis escasos de Galicia.
A vexetación de marisma é reducida, pero é posible atopala na pequena lagoa litoral entre as illas de Monteagudo e do Faro en Cíes, e nos illotes Malveira Chica e Briñas en Cortegada. A máis, nas illas Cíes aparecen somerxidos e semisomerxidos prados de cebado (Zostera marina e Z. noltii).
Pero, sen dúbida, as plantas endémicas son as protagonistas do parque. Hai varios endemismos recollidos no Libro vermello da flora ameazada española, como a xesta en perigo de extinción Cytisus insularis, símbolo do parque; hai endemismos ibero-atlánticos e galaicos e incluso hai endemismos nos solos nitrificados. Algúns deles son:
.
Superficie: 8.332,8 Ha (7.138 Ha mariñas) Altitude: -10 m ata 197 m nas Illas Cíes Tª media: 14º C Precipitación: 800-900 mm con seca estival. Cortegada chega a 2.000 mm, tamén con seca estival. Bioclima: Hiperoceánico subhiperoceánico, con amplitude térmica entre 8 – 11ºC. |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica Sector Galaico – Portugués, subsector Rías Baixas(2b). |
Medidas de protección |