Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Parque Natural do Monte Aloia, 1978

 O accidentado Monte Aloia é un dos Parques Naturais máis antigos de Galicia, declarado Parque Natural en 1978. Localízase no suroeste da provincia de Pontevedra, moi próximo á localidade de Tui, sobre os granitos da serra do Galiñeiro, desde onde se abre aos vales do baixo Miño e do Louro a través dos regatos Louro e Rosal. Os regatos forman pozas nalgúns lugares, sortean grandes rochedos noutros ou permiten o asentamento do bosque de galería nas áreas adecuadas. O substrato granítico, a acción dos axentes de modelaxe ao longo de milleiros de anos  así como a acción dos seres vivos  permitiu aquí o desenvolvemento dun solo acedo de media ou escasa profundidade.
Monte Aloia
As condicións climatolóxicas, a altitude, os cursos de auga, os rochedos e o tipo de solo condicionan a variedade de vexetación que se pode atopar no parque natural, a pesar de que en 1910 leváronse a cabo extensas plantacións de árbores exóticas que modificaron a flora autóctona que debería existir.  Non obstantes aínda temos restos desa flora.


Flora

A vexetación típica do Monte Aloia é a de repoboación (+80%), na que destacan o piñeiro bravo, a mimosa e o eucalipto branco. Non obstante, aínda aparecen restos dos bosques e matos potenciais que terían que existir, con carballos, castiñeiros, acivros, abruñeiros, espiños albares, érbedos, pereiras bravas e sobreiras.

Dentro dos cursos de auga aparece a habitual flora acuática coma as herbas de prata.

Nas ribeiras fluviais mellor conservadas  aparece o bosque de galería,  con salgueiros, ameneiros e sanguiños aos que acompañan numerosas herbáceas coma ranúnculos, buños, fentos e briófitos.

O bosque climax sería a carballeira con xilbarda, típica da media montaña,  da que se poden atopar restos nas carballeiras da Hermida e Rego da Pedra. Ademais é frecuente que árbores máis termófilas se incorporen nas partes baixas, coma as sobreiras ou érbedos.

Nas fisuras dos abundantes  rochedos localízase un bo número de especies de fentos, coma o fento das boticas ou o fento das pedras.

Por último, dento das zonas altas de turbeiras e brañas  atopamos outras especies interesantes, coma o toxo portugués (Ulex micranthus) e a xenciana.

  
Datos xerais
Superficie: 746,29 Ha
Altitude: 80 - 629 m
Tª medias: 14 ºC e unha amplitude térmica moderada
Precipitación: elevadas precipitacións, cunha media anual de 1.930 mm, pero incipiente período de seca estival.
Biolima: Oceánico semioceánico, cunha amplitude térmica entre 11 e 14ºC.
Rexión xeobotánica

Rexión Eurosiberiana
Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica
Sector Galaico – Portugués, subsector Rías Baixas(2b)
Medidas de protección
Europarc
Humidal protexido
IBA
LIC
Monumento natural
Parque nacional
Parque natural
PIX
Reserva da biosfera
ZEPA
ZEPVN


Ir ao mapa de espazos protexidos


Contacto e créditos