Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, 1993
O Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés sitúase na comarca da Baixa Limia, no extremo sudoccidental da provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal . É unha zona pouco habitada formada por un conxunto de serras que consitúen unha unidade coas serras limítrofes portuguesas. O espazo está atravesado polos vales do río Limia , que contén depósitos aluviais cuaternarios, e outros ríos e regatos que forman belas fervenzas e pozas. Ademais a Serra do Xurés é atravesada parcialmente polos encoros de Lindoso e do Salas.
A situación do parque permitiu que chegara ata aquí a última glaciación, hai entre os 100 000 e 12000 anos, sendo a área española onde os sinais da modelaxe glaciar e periglaciar acadaron unha menor altitude (550m).
A climatoloxía dos últimos milleiros de anos, xunto coa situación do parque e os seus abruptos rochedos graníticos condicionaron grandemente o desenvolvemento da vexetación arbórea. Ademais a actividade do ser humano influíu decisivamente na composición vexetal actual; o pastoreo, as queimas para a creación de pastos e as cortas foron erosionado os solos destas serras ata atopárense moitas zonas en rocha viva. E as repoboacións forestais con piñeiro tampouco axudaron a conservar a súa enorme biodiversidade debido a súa situación de contacto entre o mundo húmido atlántico e o mundo mediterráneo. Así pois case a metade da superficie do parque está cuberta por hábitats seminaturais constituídos por distintos matos e pastos. Non obstante, en vales encaixados consérvanse solos profundos que permitiron o mantemento de pequenas manchas de bosques como no Barranco de Olelas ou nos cumios e chaos superiores da serra.
No interior dos cursos de auga aparece a vexetación característica deles, coma as herbas de prata.
Ao carón dos ríos e regatos aparece o bosque de ribeira, con ameneiros, salgueiros e freixos.
Nas ladeiras baixas preto dos vales, aparece a carballeira con xilbarda no seu sotobosque. Nela aparecen outras árbores coma castiñeiros, sanguiños, abeleiras ou castiñeiros e nas partes baixas atópanse árbores máis termófilos coma loureiros, érbedos e sobreiras. Desgraciadamente esta zona está bastante explotada con piñeiros de repoboación.
Máis arriba, nas zonas máis umbrías sitúase a carballeira con arandeira no seu sotobosque mentres que noutros ambientes máis continentais e a maior altitude atópanse pequenas formacións de carballo cerquiño e bidueirais de Betula celtiberica acompanados dalgún teixo, acivro e cancereixos.
Ademais hai pequenos rodais de enciñar e nos arredores das aldeas existen soutos de castiñeiros.
Os matos substitúen ao bosque en distintas partes do parque natural; dependendo da altitude, orientación e substrato os matos serán de distinto tipo:
Outros hábitats de interese son:
Superficie: 20.920 Ha Altitude: 125 a os 1.540 m. A maior parte da zona encóntrase por riba dos 1.000 m. Tª medias: 8 a 15 ºC. Neva con frecuencia nos cumios.Na parte leste acádanse temperaturas moi baixas. Precipitación: 1.000 a 2.500 mm (segundo a altitude). Bioclima: Oceánico euoceánico (14 – 17 ºC de amplitude térmica ) e Oceánico semihiperoceánico no val do Limia, con amplitudes térmicas entre 17 e 17 ºC. |
Rexión xeobotánica Rexión Eurosiberiana Provincia Atlántica Europea, subprovincia Cantabroatlántica Sector Galaico – Portugués, subsector Rías Baixas (2b)Sector Galaico interior, subsector Penedense (3e), subsector Xuresiano (3f) |
Medidas de protección |