Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Os ambientes de rochas son lugares pobres en nutrientes nos que solos aínda esqueléticos comezan a aparecer nas gretas, permitindo o desenvolvemento dunha vexetación resistente a escaseza de nutrientes e auga.

A vexetación que se desenvolve nestas áreas é parecida á de alta montaña ou á dos cantís costeiros, no que se refire ás estruturas das plantas para resistir a desecación; neste senso presentan follas grosas que acumulan auga.

Xunto con briófitos xeradores de solos que colonizan estes ambientes, coma o Tortula muralis, e fentos como os polipodios ou os fentos negros, aparecen outras plantas vasculares que se detallan en Vexetación.



Hábitas muros e rochedos: Que é? | Vexetación


Contacto e créditos