Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Cistus psilosepalus

MÁIS INFORMACIÓN 
A carpaza é un dos mellores indicadores dos climas pouco soleados e chuviosos.

ORIXE DO NOME
O nome de carpaza é unha  denominación de moitas especies das familias das cistáceas e das ericáceas. Semella voz de orixe prerromana pero os diferentes filólogos non se poñen dacordo coa súa orixe. Unha posibilidade é que estea emparentada coas palabras carballo e carba e todas estas palabras deriven dunha raíz preindoeuropea *K-R que significa “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura”; outra posibilidade é que derive do latín CARPĔRE, que significa “rañar” e, outra posibilidade máis é que estea relacionada coa palabra *CARAPACCIA, palabra que suxire para o castelán calabaza.

OUTROS NOMES
Carpazo

DESCRICIÓN
A carpaza é un mato de pólas ramalludas de ata 1m, con moita lanuxe cando nova.

Carpaza (Cistus psilosepalus)

HÁBITAT
Esta carpaza é un endemismo da metade oeste da Península Ibérica. En Galicia desenvólvese en solos acedos e algo fresco, polo que se  extende por toda a costa atlánticas, con incursións cara o interior a través dos vales dos grandes ríos por baixo dos 400 – 500m. Forma parte dos matos de substitución de carballeiras con sobreira na parte litoral atlántica ou dos enciñais con sobreiras das partes máis mediterráneas.

FOLLAS
As follas son perennes, sésiles, ovais ou en forma de ferro de lanza, de 2 a 3cm, e con peluxe no envés, percorridas por 3 veas.

FLORES
As flores teñen 5 pétalos brancos de 1,5 a 2cm, a miúdo cunha mancha na base amarela e no centro multitude de estames amarelos. Aparecen solitarias ou en escaso número.

FROITO
O froito é unha pequena cápsula duns 0,5cm que abre por 5 valvas.

FLORACIÓN: maio-xuño.

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos