A carpaza moura era cultivada nos xardíns medievais e hispano –árabes.
ORIXE DO NOME
O nome de carpaza é unha denominación de moitas especies das familias das cistáceas e das ericáceas. Semella voz de orixe prerromana pero os diferentes filólogos non se pon dacordo coa súa orixe. Unha posibilidade é que estea emparentada coas palabras carballo e carba e todas estas palabras deriven dunha raíz preindoeuropea *K-R que significa “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura”; outra posibilidade é que derive do latín CARPĔRE, que significa “rañar” e, outra posibilidade máis é que estea relacionada coa palabra *CARAPACCIA, palabra que suxire para o castelán calabaza.
DESCRICIÓN
A carpaza moura é un mato denso pouco recendente e pegañosa de baixo porte, de entre 20 a 90cm, con ramiñas leñosas e cuberta de peluxes estreladas.
HÁBITAT
A carpaza moura aparece por todas a rexión mediterránea. En Galicia distribúese ao longo do val do Sil - Miño e tamén nas toxeiras costeiras sobre calquera tipo de solos secos e areosos, en especial nas zonas baixas e soleadas. Atopámola entre o nivel do mar e os 1100 m aproximadamente.
FOLLAS
As follas perennes son verdes , co peciolo curto e opostas, pequenas de 1 a 3cm, redondeadas e de superficie rugosas, con peluxes na face e no envés e menos recendente e pegañosa que outras especies do xénero. Dispóñense sobre longos pedúnculos.
FLORES
As flores son medianas, de 2 a 3cm, de cinco pétalos brancos e estames amarelos no centro. Aparecen ao final de pedúnculos con moita peluxe formando inflorescencias de 2 a 3 flores.
FROITO
O froito é unha cápsula con lanuxe duns 5 a 7 mm que se abre por 5 a 6 valvas para liberar numerosas sementes. As sementes son case lisas.
FLORACIÓN: abril – xuño.