MÁIS INFORMACIÓN
Os ramallos da uz moura tiveron antano moita importancia. A partir deles elaborábase un carbón vexetal moi bo utilizado nas ferrerías de Galicia, aínda que o mellor era o da uz branca. Especialmente estaba espallado este uso nas áreas que coma consecuencia desta mesma actividade empezaron a escasear as árbores. Asemade sábese que os seus ramallos, igual que os da uz branca, dificultan ou paralizan o crecemento doutras plantas, o que lles permite competir con vantaxe sobre outras compañeiras de mato.
Esta uz é a uz máis frecuente en Galicia; antano eran tan amplas as súas extensións que chegáronse a usar os seus ramallos coma leña.
En canto as flores, enriquecen a paisaxe coa súa cor malva, son utilizadas polas abellas para elaborar un mel de calidade e teñen utilidade en Medicina. A parte empregada son as ramiñas con flores, que teñen acción antidiarreica e antiséptica nas vías urinarias grazas a súa riqueza en taninos e flavonoides.
ORIXE DO NOME
As palabras uz, urce dan nome en galego a distintas especies do xénero Erica. Proceden do latín ŪLĬCE.
OUTROS NOMES
Urce moura
DESCRICIÓN
A un moura é un mato moi ramalludo, erecto, de ata 2 m, con ramiñas novas con moitas peluxes e cortiza lixeiramente avermellada.
HÁBITAT
Aparece formando densos matos, sobre todo no sueste de Galicia, sobre solos acedos (silíceos) e en lugares con seca estival acusada, chega ata a montaña e soporta ben os fríos. Dada a súa capacidade de adaptación é moi abundante en todo o país subtituíndo nos solos non calcáreos aos bosques clímax de carballos, cerquiños, faias ou aciñeiras.
FOLLAS
As follas perennes son verdes relucinte e aparecen case sentadas nas pólas en verticilos de 4. Son moi estreitas, lineais, case aciculares, de 3 a 5 mm de longo, coma marxe revolta ata pechar completamente o envés.
FLORES
As flores pedunculadas de cor rosada-púrpura posúen 5 pétalos soldados que forman tubiños duns 6-8mm polos que sobresaen un pouco os estames marrón escuro. As flores aparecen en grupos de 4 a 8.
FROITO:
O froito é unha cápsula que se abre en varias valvas para expulsar as sementes.
FLORACIÓN: primavera-verano, en ocasións atópase en flor case todo o ano.