Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Piorno sanabrense

MÁIS INFORMACIÓN 
En Galicia aproveitáronse desde antigo os piornos e as xestas. O uso tradicional dos ramallos do piorno era a queima para os fornos de pan ou a súa utilización para facer abono (a pesares de que era máis utilizado o toxo). Utilizábanse leguminosas porque estas plantas aportan nitróxeno ao solo e así os labregos melloraban a terra de labor nos períodos de repouso. Para iso queimaban ou cortaban os matos e degradábanos na corte, coa axuda das bacterias dos excrementos dos animais. Noutras ocasións enterraban os ramallos en verde.

O estrume conseguido nas cortes era utilizado como abono para facer crecer os piornos ou as xestas ata uns 3 m, despois os aclaraban e formábase unha paisaxe de mato e pasto no que pacía e se protexía o gando. Desgraciadamente a transformación de extensas superficies destes matos en terreos de produción forestal (eucaliptais ou piñeirais) ou forraxeira e o uso de fertilizantes inorgánicos están a perder definitivamente este tipo de sistema produtivo sostible co medio ambiente.  Este uso era particularmente abundante nas montañas orientais, onde se utilizaba o piorno branco.

ORIXE DO NOME
A palabra piorno é un substativo que se utiliza para distintos xéneros de Genista. O nome probablemente proveña do latín VĪBŬRNUM, co significado de “planta semellante ao vimbio”. Podería ser que *viorno se cambiara a piorno por influxo doutra palabra.

DESCRICIÓN
O piorno falcata é un mato brando espiñento de ata 2 m.

Piorno falcata (Genista falcata)

HÁBITAT
É unha especie de clima mediterráneo soamente aparece en Galicia nas zonas baixas do val do Sil e zonas  do sur de Ourense.

FOLLAS
As follas son simples, pequenas, de ata 1,6cm, elípticas, alternas.

FLORES
As flores, amarelas, presentan forma de bolboreta, en acios terminais con 2 a 5 flores.

FROITO
É un legume alongado e sen peluxe de ata 2,5 cm e característica forma de fouce, de cor verde – avermellada, con 10 a 15 sementes no seu interior.

FLORACIÓN: marzo – xuño.

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos