Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Lavandula

MÁIS INFORMACIÓN
O cantroxo é unha planta moi  utilizada en xardinería polos macizos que produce, a súa espectacular floración e o aroma que desprende.

As ramiñas con flores empréganse desde antigo coma medicinais grazas ao seu aceite esencial de acción tónica, estimulante da dixestión e suavizante de espasmos. Noutro tempo entraban a formar parte de varios preparados coma a auga imperial ou a auga epiléptica e aínda hoxe en día seguen a ter uso, sobre todo en Cosmética.

ORIXE DO NOME
A palabra cantroxo procede probablemente do nome latino CHAMAETUSIUS, que é unha adaptación do grego χαμαί θύοσ, que significaba “incenso de terra” .

OUTROS NOMES
Azaia, esprego, rosmaniño, cantraxo, lavanda.

NOTA
Desta planta aparecen dúas subespecie en Galicia. A subsp stoechas esténdese por toda a costa galega sobre solos silíceos areosos e pouco profundos, en solainas, no piso colino húmido.  A subsp sampaiana distribúese en parte da provincia de Ourense e no sur de Lugo, sobre solos esqueléticos derivados de rochas acedas, evitando as rochas calcáreas, sempre en solaina, entre os 100- 400 de altura e os 1100 aproximadamente, nas zonas de escasas o medias precipitacións, asociada moitas veces á esteba e aos tomiños.

DESCRICIÓN
O cantroxo é un mato leñoso moi fragante ramificado desde a base que acada 1 m de altura. As súas ramiñas son de sección cuadrangular e con moitas peluxes.

Cantroxo (Lavandula stoechas)

HÁBITAT
O cantroxo é unha planta en démica do cuadrante noroeste da  Península Ibérica.

FOLLAS
As follas son de cor verde esbrancuxada, sentadas nas póliñas, agulladas, opostas e coa marxe enteira revolta cara ao envés. Son moi recendentes e con moitas peluxes.

FLORES
As cativas flores posúen 5 pétalos violeta fusionados formando un tubiño. Dispóñense en falsos verticilos en grupos de 6 a 10, protexidas con moitas brácteas con lanuxe en longas espigas terminais de sección cuadrangular que remata nun penacho de brácteas moradas de 2 a 3cm  moi vistoso,  que a fan inconfundible.

FROITO
O froito está  protexido polo tubo do cáliz. Sepáranse en 4 nociñas (pequenas pipas) alongadas  ao madurar.

FLORACIÓN: primavera – principios de verano, a partir do mes de marzo.

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos