Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos
Roseira

MÁIS INFORMACIÓN
Xa os romanos utilizaban as rosas coma adornos nas festas e era un dos matos cultivados nos xardíns hispano-árabes. En moitos lugares de España recóllese na noite de San Xoán e  as súas ramiñas utilízanse para acender o lume de San Xoán ou o das fallas de San Xosé.

Sen dúbida a parte máis apreciada das roseiras son os pétalos que pódense comer e fabricar marmelada con eles. En Cosmética utilízanse para a obtención do auga de rosas,  utilizada coma tónico astrinxente para a pel e para obter o aceite esencial de rosas, calmante e suavizante, aínda que soen utilizarse outras especies de Rosa. Tamén os pétalos poden ser utilizados en Medicina polas súas propiedades astrinxentes, cicatrizantes e antidiarreicas debido aos taninos e a acción antiséptica do aceite esencial. A infusión dos pétalos emprégase mediante compresas, colutorios ou gargarismo, baños oculares ou con vinagre para irrigacións vaxinais.

Os escaramuxos son os falsos froitos da roseira, que, unha vez quitadas as súas peluxes, pódense comer ou utilizar para marmeladas e salsas. Antigamente eran moi utilizados, por exemplo, os romanos facían viño con eles. En Medicina utilízanse crus ou en cocemento na diarrea, fraxilidade capilar, obesidade, astenia e convalecencia dada as súas propiedades astrinxentes e riqueza en vitaminas.  

ORIXE DO NOME
O nome de roseira provén do latín RŎSA + o sufixo  – ARIA que significa “lugar de”. A súa vez o nome de RŎSA procede do grego rhodon: rosa. Pero o nome canina é unha tradución latina do nome grego da roseira Kynorhodon que se formaría pola lembranza dos aguillóns da roseira aos dentes dos cans ou porque a súa raíz usábase contra a rabia.

OUTROS NOMES
Silva femia, agavanzo.

DESCRICIÓN
A roseira é un mato moi ramalludo, de entre 1 a 5 m de altura, con pólas flexibles  de cor verdella e armadas de aguillóns curvados.

Roseira (Rosa canina)

HÁBITAT
A roseira aparece en Galicia en moitas sebes, silveiras, valados, bosques aclarados, orlas dos bosques e matos, sobre todo tipo de solos aínda que é máis frecuente sobre solos calcáreos.

FOLLAS
As follas son caducas, verdes,  duns 15 a 40mm de longo e compostas, con 5 a 7 folíolos ovais, aserrados nas marxes e ás veces con glándulas.

FLORES
As flores da roseira son grandes e pedunculadas, solitarias, de 5 pétalos brancos ou rosados. Ás veces aparecen en inflorescencias corimbiformes. O ovario queda por debaixo dos pétalos.

FROITO
Os froitos son pequenas pipas con lanuxes que se dispoñen dentro dun falso froito chamado escaramuxo, de cor laranxa ou vermella e que leva no seu ápice os restos dos sépalos.

FLORACIÓN: maio – xullo.

FROITO MADURO: finais de verano ou principio de outono.

Roseira (Rosa canina)

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos