MÁIS INFORMACIÓN
O rizoma e as raíces da xilbarda utilizábanse na antigüidade coma aperitivo e diuréticas. Coma aperitivo a súa raíz era considerada un dos cinco aperitivos maiores, entrando na composición do xarope das cinco raíces, xunto co apio, fiúncho, pirixel e esparragueira.
Na actualidade a xilbarda ten utilidade en Medicina grazas as ruscoxeninas que conten, unhas substancias que melloran a microcirculación ao actuar de modo parecido á vitamina P, o que dá pé a súa utilización en cremas e infusións para reducir as hemorroides e varices. A máis o extracto de xilbarda utilízase en cremas para o tratamento da celulite, probablemente debido ao seu papel coma vasoconstrictor e activador da circulación.
Os seus froitos chegaron a tomarse coma aperitivos a pesares da súa toxicidade e sabor desagradable. As sementes tostadas utilízanse coma substitutas do café.
OUTROS NOMES
Xilbardeira, xilbarbeira, silbarda, xenxibardeira, xarda, xardo, xardiña, picanceira, rascacú, azoutacristos, mezquita.
DESCRICIÓN
A roseira é un mato moi ramalludo, de entre 1 a 5 m de altura, con pólas flexibles de cor verdella e armadas de aguillóns curvados.
HÁBITAT
A roseira aparece en Galicia en moitas sebes, silveiras, valados, bosques aclarados, orlas dos bosques e matos, sobre todo tipo de solos aínda que é máis frecuente sobre solos calcáreos.
FOLLAS
As follas son caducas, verdes, duns 15 a 40mm de longo e compostas, con 5 a 7 folíolos ovais, aserrados nas marxes e ás veces con glándulas.
FLORES
As flores da roseira son grandes e pedunculadas, solitarias, de 5 pétalos brancos ou rosados. Ás veces aparecen en inflorescencias corimbiformes. O ovario queda por debaixo dos pétalos.
FROITO
Os froitos son pequenas pipas con lanuxes que se dispoñen dentro dun falso froito chamado escaramuxo, de cor laranxa ou vermella e que leva no seu ápice os restos dos sépalos.
FLORACIÓN: maio – xullo.
FROITO MADURO: finais de verano ou principio de outono.