Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Ciclo de vida e estrutura.

Estrutura dos cormófitos

Estrutura do cormófito

Animación coa estrutura do cormófito.




Ciclo de vida do cormófito

O esporófito do cormófito desenvolve, no interior dunhas estruturas especializadas chamadas flores, xeralmente hermafroditas, as microsporas masculinas nas anteras e a macroespora feminina no interior do pistilo. A xerminación das esporas  produce uns gametófitos moi pequenos.

Os gametófitos masculinos son numerosos e se atopan no interior dos grans de pole mentres que so aparecen 1 ou poucos gametófitos femininos que permanecen no interior do pistilo, dentro do espazo ocupado antes pola macrospora; nese ambiente aparecerá un óvulo por gametófito.

Estrutura dunha flor hermafrodita anxiosperma

Antes de que se produza a fecundación ten que suceder a polinización, isto é a achega dos grans de pole que conteñen os gametófitos masculinos ao extremo do pistilo. A evolución deu lugar a distintas posibilidades de polinización, polo vento, mediante insectos, ...

Unha vez que o gran de pole está no extremo do pistilo, o gametófito masculino alárgase en forma de tubo levando dous núcleos que van facer a función dos espermatozoides cando cheguen ao óvulo. A fecundación do óvulo dá lugar a unha serie de transformacións que “enquistan” o embrión ata que se dean as condicións adecuadas para a xerminación e crecemento dunha nova planta.


Polinización, fecundación e maduración do froito e semente

O “quiste” que se forma é o que coñecemos co nome de semente, formada pola cuberta do macroesporanxio, tecido nutricio e o embrión da futura planta.


Froito e semente dunha anxiosperma

Se externamente a semente está ou non recuberta de froito falaremos de dous tipos de cormófitos diferentes:


Estrutura e ciclo de vida: Briófitos | Fentos | Cormófitos


Contacto e créditos