Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Sección vexetais

Herbario de árbores, matos, plantas, fentos e briófitos.

  • Árbores
    • Árbores

  • Matos
    • Matos

  • Plantas
  • Fentos
  • Briófitos

Herbario

A clasificación dos vexetais permite o seu recoñecemento e estudo. O método actual de clasificación científica das especies foi inventado por  Carl von Linné (Carlos Linneo), un naturalista sueco do século XVIII. Linneo propuxo a clasificación binomial das especies animais e vexetais. Para iso servíase de dous termos en latín, coma se foran o nome e apelido. O nome sería o xénero do especimen mentres que o apelido nomearía a especie.

O xénero sempre ten a primeira letra en maiúsculas e o termo da especie escríbese en minúsculas. Ademais ambas palabras escríbense en latín e cursiva ou no seu defecto suliñados.

Por exemplo o carballo noméase Quercus robur e a aciñeira noméase Quercus ilex. Quercus sería o xénero, que pode englobar a varias especies, mentres que robur ou ilex nomean a especie correspondente.

En todo o herbario indícase primeiro o nome común en galego e entre paréntese o nome científico sen autor.

Carl von Linné (Linneo)

O herbario: Árbores | Matos | Plantas | Fentos | Briófitos

Contacto e créditos