Andy Warhol, representante do "Arte Pop", realizou unha serie de obras nas que tomaba elementos da cultura popular e os representaba repetidos con diferentes cores planas. A súa obra máis coñecida ten como modelo unha foto de Marylin Monroe.
Co bote de pintura vai enchendo os tonos da imaxe. En cada copia utiliza diferentes cores.
Podes cargar calquera fotografía que queiras. É conveniente que teñan bastante contraste e non teñan detalles moi pequenos.
Utiliza a ferramenta de texto para engadir os teus datos e o título da túa obra.
Aquí tes un exemplo de cómo poden quedar: