Coas formas que hai en cada un dos rectángulos realiza unha composición baseandote na lei que se indica debaixo.
As leis da organización da forma interactúan coa fin de obter o que os teóricos da Gestalt denominan "a boa forma", a forma "corecta" ou a forma "mellor" .
Podes eliminar as formas que non necesites ou engadir máis clonando as que hai. Tamén, se o necesitas, podes usar formas doutro rectángulo.
As leis da organización da forma son:
Lei da proximidade: os elementos próximos no espazo e/ ou tempo, axúdannos a agrupalos nunha totalidade.
Lei da continuidade: Toda unidade lineal tende a ser continua na mesma dirección e co mesmo movemento.
Lei do cerre ou cerramento: Tendemos a organizar as unidades ópticas en conxuntos compactos e cerrados. Tendemos a encher os intervalos entre as unidades. Se temos unha forma parcialmente cerrada tendemos a completala.
Lei da semellanza ou igualdade: Os elementos semellantes tenden a agruparse ou relacionarse. A semellanza pode basearse en calquera criterio: tamaño, textura, color, significado etc...