Propostas de traballo. Elementos da linguaxe visual: a luz.
Unha das cualidades da luz é a súa dirección. Escribe debaixo das fotografías da imaxe desde que dirección recibe a luz en cada caso.
As direccións da luz son:
- Luz frontal. A luz sitúase diante do obxecto
- Luz cenital. A luz incide perpendicular e desde arriba.
- Luz lateral. A luz sitúase a un lado do obxecto.
- Luz a contraluz. A luz sitúase detrás do obxecto
Para editar os textos fai dobre clic co rato sobre un deles ou selecciónao primeiro e abre a pestana "Edición de Texto".
Escribe debaixo de todo o teu nome e datos.