É un proceso durante o cal unha persoa recibe un conxunto de estímulos visuais.
A percepción dunha imaxe está en estreita relación co xeito en que cada individuo capta a realidade, a historia persoal, os intereses, a educación e o seu contexto cultural.
Aspectos da percepción:
Definición: Pódese definir a percepción como a idea do mundo exterior concibida a partir do conxunto de estímulos ou sensacións que recibimos dos nosos sentidos.
Desenvólvese en dúas fases:
Fase óptica e física | Fase interpretativa |
---|---|
Estímulos visuais Ollos Nervios ópticos Sistema nervioso central Cerebro | Educación recibida Cultura Referentes afectivos Idade Intelixencia e memoria Estado emocional |
As formas que constitúen unha figura xorden da aplicación dunha serie de regras de organización, cun mero valor sintáctico, é dicir de posición e de oposición. Estas son as leis da forma ou da Gestal.
Lei da proximidade | Lei do movemento común | ||
Lei da forma pechada | Lei da experiencia | ||
Lei da igualdade ou semellanza | Lei da continuidade |
O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade:
Tempo de execución: Tres sesións.
Unha táboa con tres columnas: na primeira colocárase a imaxe; na segunda estableceranse as diferentes leis de percepción visual que podemos encontrar na imaxe e na terceira unha pequena xustificación.
Para realizar a vosa investigación e poder desenvolver o traballo, teredes que acceder ás seguintes páxinas e consultar a información que hai na introdución.
http://personal.us.es/jcordero/PERCEPCION/Cap01.htm
http://www.aloj.us.es/galba/digital/cuatrimestre_ii/imagen-pagina/1codigos1.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Lenguaje_visual#Percepci.C3.B3n_visual_y_Gestalt
http://www.uc.cl/sw_educ/neurociencias/html/187.html
Puntuación | Incompleto 1 | Medio 1,5 | Ben/Excelente 2/2,5 |
---|---|---|---|
Traballo e presentación final: | O alumno non traballou o suficiente. O resultado xeral non é bo. | A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable. | O alumno traballou de forma axeitada. A presentación final é clara e ordenada. |
Traballo de Investigación | A investigación é insuficiente e faltan datos | A investigación é correcta. | A investigación é profunda e está baseada nos enlaces recomendados. |
Actividade_1: Localización das imaxes. | O resultado é desordenado e incompleto. | A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos. | A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada. |
Actividade_2: Análise das imaxes | O traballo é pouco creativo ou incorrecto, non transmite a idea que pretende transmitir. | O traballo é correcto pero mellorable. | O traballo é creativo, atractivo e responde perfectamente ao que se requiría no exercicio. |
Unha vez finalizado o traballo:
Os alumnos terán reflexionado de forma individual:
En grupo reflexionarase:
Sobre está forma de traballar, as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.