Como se le unha imaxe

Introdución

Como se le unha imaxe

Vivimos rodeados de imaxes. As imaxes teñen un valor expresivo que está intimamente ligado á intención de comunicación do autor e aos coñecementos do receptor aos que vai dirixida a imaxe.

A interpretación que se realiza das imaxes pode ser obxectiva (cando ofrece un só significado e non está aberta a segundas interpretacións) ou subxectiva (cando ofrece varios significados e máis información que a mera imaxe representada).

1. Clasificación das imaxes.

Imaxe Volumétrica Esculturas Imaxe Seriada Gravado
Maquetas Artes gráficas
Módulos Xeométricos Imaxe Fotográfica Artística
Imaxes Artísticas 2D Debuxo Documental
Pintura Publicitaria
Imaxes Artísticas 3D Escultura Imaxes en movemento Cine
Imaxes Técnicas Arquitectura Vídeo
Enxeñaría Imaxe Digital 2D Bitmap
Deseño Vectorial
Decoración Imaxe Dixital 3D Realidade virtual

2. Características xerais da imaxe

As características ou atributos das imaxes son:

2.1 Grao de figuración: Refírese á representación figurativa da imaxe representada.

2.2 Grao de iconicidade: Esta en función do nivel de realismo da imaxe respecto ao corpo ou obxecto representado.

2.3 Complexidade / simplicidade: Está relacionado coa cantidade de información que a imaxe nos proporciona. Un azulexo da Alhambra ten menos información que unha fotografía.

2.4 Calidade técnica: Segundo a calidade técnica alcanzada nunha imaxe está pode ser considerar boa ou mala.

2.5 Orixinalidade: Estaría no extremo oposto da vulgaridade e tería que ver coas imaxes consideradas como pouco correntes ou fóra do normal.

3. Finalidade das imaxes

Todas as imaxes que podemos observar teñen unha finalidade concreta que vén determinada pola mensaxe visual que o emisor lle quixo dar.

3.1 Informativa:Transmiten unha noticia, anuncia un evento ou promove un produto destacando as súas calidades.

3.2 Exhortativa: Trata de convencer ao receptor para que faga o que propón a mensaxe. Utilízase principalmente en publicidade.

3.3 Recreativa: As imaxes recreativas teñen como principal obxectivo entreter. Os cómics, as películas, imaxes de revistas, obras de teatro, monicreques...

3.4 Estética: Son obras de arte que expresan sentimentos e beleza.

4. Ítems para a lectura de imaxes

4.1 Dimensións da imaxe: O tamaño condiciona totalmente a imaxe.

4.2 Nivel de observación ou percepción: Mide tanto a calidade da imaxe coma os factores que impiden ou molestan na súa visión.

4.3 Clasificación: Utilizaremos o esquema formulado anteriormente, xa que nos resulta moi útil para establecer as diferentes funcións para as que foron creadas.

4.4 Características ou atributos das imaxes: Definidas anteriormente.

Tarefa

O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade

  1. Localizar 10 imaxes diferentes como paisaxes, bodegóns, escenas, carteis publicitarios, fotografías, etc...
  2. Clasificalas segundo os apartados que encontras na introdución: clasificación de imaxes, características xerais da imaxe e finalidade.
  3. Xustificar a devandita clasificación.

Tempo de execución: dúas sesións.

Proceso

  1. Le con atención a información que contén o apartado correspondente á introdución.
  2. Consulta con atención os diferentes enlaces que recomendamos en recursos.
  3. Localiza as 10 imaxes para analizar.
  4. Cada alumno/a realizará unha táboa con catro columnas. Na primeira colocárase a imaxe; na segunda dirase o tipo de imaxe que é; na terceira indicáranse as súas características; na cuarta cal é a súa finalidade; en cada apartado realiza unha pequena xustificación.

Recursos

Para realizar a vosa investigación e poder desenvolver o traballo, teredes que acceder ás seguintes páxinas e consultar a información da introdución.

http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

http://plasticavisual.blogspot.com.es/2011/10/finalidad-expresiva-de-las-imagenes.html

http://aal.idoneos.com/index.php/Revista/A%C3%B1o_10_Nro._10/Lectura_de_im%C3%A1genes

http://enebro.pntic.mec.es/~phum0000/cam/tematres.htm

http://www.slideshare.net/pepepardo/bloque-4-la-lectura-de-imgenes-i

http://www.slideshare.net/enplastica/la-lectura-objetiva-de-imagenes

http://www.quadraquinta.org/materiales-didacticos/trabajo-por-proyectos/piensa-prensa/guiasdelprofesor/guia1/guia1-07.html

Puntuación Incompleto
1
Medio
1,5
Ben/Excelente
2/2,5
Traballo e presentación final: O alumno non traballou o suficiente.
O resultado xeral non é bo.
A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable. O alumno traballou de forma axeitada.
A presentación final é clara e ordenada.
Traballo de Investigación A investigación é insuficiente e faltan datos. A investigación é correcta. A investigación é profunda e está baseada nos enlaces recomendados.
Actividade 1:
Localización das imaxes.
O resultado é desordenado e incompleto. A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos. A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada.
Actividade 2:
Análise das imaxes
O traballo é pouco creativo ou incorrecto, non transmite a idea que pretende transmitir. El trabajo es correcto pero mejorable. O traballo é correcto pero mellorable. O traballo é creativo, atractivo e responde perfectamente ao que se requiría no exercicio.

Conclusións

Unha vez finalizado o traballo os alumnos terán reflexionado sobre a forma de percibir as imaxes e os diferentes condicionantes. Así como na utilización que se realiza das imaxes.

Tamén se realizará unha reflexión en grupo sobre a utilización do traballo realizado, sobre as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.