Composición:
Elementos estruturais

Introdución

Os elementos estruturais son:

  1. Formato.
  2. Peso.
  3. Equilibrio.
  4. Sección Áurea.

1. Formato:

Podemos definir o formato como o espazo onde se desenvolve a composición dunha obra plástica. Este fai referencia á forma, tamaño e orientación espacial da devandita superficie ou soporte.

Tipos de formatos:

Planos Tridimensionais (Formato esférico) Irregulares
Horizontal ou apaisado
Vertical ou retrato
Cadrado
Circular
Triangular
Los formatos tridimensionales adoptan orientaciones espaciales similares a la de los formatos planos.Producen sensación de vértigo.
Las cúpulas.
Os formatos tridimensionais adoptan orientacións espaciais similares á dos formatos planos. Produce sensación de vertixe. As cúpulas. Producen un efecto visual de dinamismo e liberdade. Adóitanse utilizar nas mensaxes publicitarias infantís e xuvenís e nas viñetas de cómics.

2. Peso.

É a forza que pouse un elemento dentro dunha composición para atraer ou repeler aos demais elementos que se encontran próximos a el.

O peso dun elemento vén determina non só polo seu tamaño senón pola posición en que este ocupe respecto do resto de elementos.

Factores (ademais do propio peso do obxecto):

  1. Situación.
  2. Illamento.
  3. Color.
  4. Contraste.
  5. Interese intrínseco do obxecto segundo a súa complexidade.

3. Equilibrio.

É o estado no que as forzas que operan no corpo se compensan mutuamente chegado a unha situación de repouso.

Na arte, o equilibrio relaciónase principalmente co peso compositivo, a dirección e a anisotropía (calquera cambio de escala dunha figura ou un corpo).

O equilibrio determina o lugar que debe ocupar cada elemento para que a proposta visual global (a imaxe) teña sentido.

Clasificación:

a) Equilibrio compositivo estático: O equilibro estático pódese conseguir mediante a utilización de 3 técnicas:

  1. Simetría
  2. Repetición de elementos
  3. Modulación do espazo en unidades regulares
  4. Clasificación de simetrías:

    Segundo a Xeometría:

    • Axial.
    • Radial.

    Segundo a Exactitude:

    • Xeométrica.
    • Aparente.

b) Equilibrio compositivo dinámico

O equilibro compositivo dinámico prodúcese cando non existe relación simétrica na composición, ao introducir unha desigualdade na repartición de volumes sendo as forzas visuais diferentes.

O resultado é unha composición onde necesariamente o todo adquire un carácter de global sobre as partes.

Baséase no uso de catro técnicas compositivas:

  1. Xerarquización do espazo visual:
  2. Diversidade de elementos e relacións visuais.
  3. Contrastes.
  4. Ritmo.: Consiste na repetición dun elemento visual nun intervalo espacial determinado

4. Sección Aurea

Analizamos os tres tipos de liñas estruturais (vertical, horizontal e diagonal) que nos xeran unha composición simétrica. Pero temos outra forma de dividir o espazo resultando partes asimétricas e non por isto a visión do conxunto é desequilibrada ou incoherente é o que acontece cando utilizamos a sección áurea.

Regra dos dous terzos

Unha aplicación directa da sección áurea en fotografía é a regra dos dous terzos. Consiste en dividir o formato en tres partes na horizontal e outras tres na vertical. As zonas de máximo interese ou atracción sitúanse arredor dos puntos de intersección

Tarefas

O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade:

  1. Analiza as imaxes que che proporcionamos na táboa de recursos. En cada imaxe tes que indicar que elemento compositivos teñen. Realiza xustifica a respostas.

Tempo de execución: Dúas sesións.

Proceso

  1. Consultar con atención os diferentes enlaces que recomendamos en recursos.
  2. Cada alumno realizase a seguinte actividade: A táboa do apartado de recursos contén unhas imaxes que tes que analizar. Para logralo tes que cubrir as diferentes columnas coa información que se solicita.

Recursos

Para realizar a vosa investigación e poder desenvolver o traballo, teredes que acceder ás seguintes páxinas e consultar a información que hai na introdución.

http://www.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/teoria-de-la-representacion/fundamentos-composicion.htm

http://www.slideshare.net/konbob/ud4-esquema-compositivo

http://www.slideshare.net/guest415412/la-composicin-presentation

http://imageneso.blogspot.com.es/2009/06/la-composicion.html

http://www.escenografia.cl/comp.htm

http://www.aloj.us.es/galba/digital/cuatrimestre_ii/imagen-pagina/composic3.htm

http://blog.educastur.es/luciaag/2007/05/04/la-composicion-organizacion-de-la-forma-y-su-entorno-en-el-plano/

http://www.telecable.es/personales/juandecan/3eso/unidad2/uni02analisisdeformas.htm

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/96_ritmo_simetria/curso/index.html

http://www.fotonostra.com/grafico/equilibriosimetrico.htm

http://www.ojodigital.com/foro/content/la-regla-de-los-tercios-272/

Imaxe Formato Pesos: distribución das masas Equilibrio Tipo de equilibrio Esquema da regra dos dous tercios

Francisco de Goya
El pelele,
Banco de imaxenes
INTEF

Torre do reloxo,
Dubái,
Emiratos Árabes Unidos
Banco de imaxes INTEF
Puntuación Incompleto
1
Medio
1,5
Ben/Excelente
2/2,5
Traballo e presentación final: O alumno non traballou o suficiente.
O resultado xeral non é bo.
A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable. O alumno traballou de forma axeitada.
A presentación final é clara e ordenada.
Traballo de Investigación. A investigación é insuficiente e faltan datos. A investigación é correcta. A investigación é profunda e está baseada nos enlaces recomendados.
Uso das TIC. Dificultades na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Algúns problemas na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Utilización moi correcta dos recursos informáticos propostos e mesmo doutros programas.
Actividade 1:
Análise das imaxes.
O resultado é desordenado e incompleto e a análise non reflicte ningún dos aspectos requiridos. A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos. A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada.

Conclusións

Unha vez finalizado o traballo: Os alumnos terán reflexionado de forma individual sobre diferentes elementos que temos que ter en conta nunha composición.

En grupo reflexionasen sobre está forma de traballar, as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.