Composición:
Esquemas compositivos

Introdución

O esquema compositivo é un conxunto de liñas mestras que organizan os espazos onde van estar situados os elementos visuais.

Este esquema adoita estar formado por figuras xeométricas (polígonos, círculos, óvalos), liñas rectas e curvas relacionadas entre si, ou redes modulares simples ou complexas.

Un esquema compositivo pode ser:

  1. Esquemas compositivos simples:
  2. Esquemas composto: formado pola combinación de dous ou máis esquemas simples.

Tarefas

O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade:

  1. Localizar 6 imaxes diferentes como obras pictóricas, paisaxes, bodegóns, escenas, carteis publicitarios, fotografías, etc...
  2. Clasificalas en función dos diferentes esquemas compositivos. Ten que haber imaxes cuxo esquema compositivo sexa simple e algunha que teña un esquema compositivo composto.
  3. Xustificar a devandita clasificación

Tempo de execución: Dous sesións.

Proceso

  1. Consultar con atención os diferentes enlaces que recomendamos en recursos.
  2. Cada alumno realizase a seguinte actividade:
    Unha táboa con tres columnas na primeira colocásese a imaxe; na segunda estableceranse os diferentes esquemas compositivos que podemos encontrar na imaxe e na terceira unha pequena xustificación. (exemplo a que hai no apartado de recursos).

Recursos

Para realizar a vosa investigación e poder desenvolver o traballo, teredes que acceder ás seguintes páxinas e consultar a información que hai na introdución.

http://www.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/teoria-de-la-representacion/fundamentos-composicion.htm

http://imageneso.blogspot.com.es/2009/06/la-composicion.html

http://www.escenografia.cl/comp.htm

http://blog.educastur.es/luciaag/2007/05/04/la-composicion-organizacion-de-la-forma-y-su-entorno-en-el-plano/

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/96_ritmo_simetria/curso/index.html

Exemplo de taboa:

Imaxe Esquema compositivo Xustificación
Puntuación Incompleto
1
Medio
1,5
Ben/Excelente
2/2,5
Traballo e presentación final: O alumno non traballou o suficiente.
O resultado xeral non é bo.
A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable O alumno traballou de forma axeitada.
A presentación final é clara e ordenada.
Trabajo de Investigación. La investigación es insuficiente y faltan datos. La investigación es correcta. La investigación es profunda y está basada en los enlaces recomendados.
Uso das TIC. Dificultades na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Algúns problemas na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Utilización moi correcta dos recursos informáticos propostos e mesmo doutros programas.
Actividade:
Primeira fase:
localización das imaxes.
O traballo é pouco creativo ou incorrecto, non se corresponde co esquema indicado. O traballo é correcto pero mellorable. O traballo é creativo, atractivo e responde perfectamente ao que se requiría no exercicio.
Actividade:
Segunda fase:
Análise das imaxes.
O resultado é desordenado e incompleto e a análise non reflicte ningún dos aspectos requiridos. A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos. A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada.

Conclusións

Unha vez finalizado o traballo:

Os alumnos terán reflexionado de forma individual sobre a forma na que se organizan os diferentes elementos da linguaxe gráfica nunha composición.

En grupo reflexionasen sobre está forma de traballar, as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.