AS FORMAS: Análise das formas

Introdución

O noso ámbito está constituído por multitude de elementos tanto naturais coma artificiais (árbores, casa, animais, etc...) que teñen distintas formas, podemos afirmar que a forma é a identidade de cada elemento.

  1. Clasificación das formas.

  2. Orixe
    • Naturais: son as que proveñen da propia natureza.
    • Artificiais: son as que foron creadas polo ser humano.
    Natureza
    • Xeométricas: son as que se organizan a partir dunha orde matemática.
    • Orgánicas: teñen un perfil e unha superficie interior irregulares.
    Configuración
    • Bidimensionais: teñen dúas dimensións, como as follas de papel.
    • Tridimensionais: teñen tres dimensións, por exemplo unha pelota.
    Aparencia
    • Simple: formada por poucos elementos.
    • Composta: son formas máis complexas, constituído por varios elementos, como a man mecánica do robot.

  3. Calidades das formas
  4. Todo o que vemos ten unha forma que o caracteriza. A forma como aparencia leva implícita unha serie de atributos que nos permiten distinguilas unhas doutras.

    Configuración Refírese á estrutura da forma, está pode ser plana (bidimensional) ou con volume (tridimensional).
    Tamaño ou proporción Este establécese por comparación coas formas que a rodean sendo o contexto un factor determinante
    Materia Composición física da forma que a determinan e condicionan, a iluminación, peso, cor, etc.
    Posición e situación ou localización Fai referencia á súa colocación e situación da forma ante o observador. Influíndo tanto o punto de vista escollido coma as características fisiolóxicas e culturais de observador.

  5. Organización e estructuras

  6. As formas bidimensionais (2D) Estruturas Apertas/ pechadas
    Relacións De distanciamento: Cando as formas están no espazo sen tocarse.
    De toque (contacto). As formas ordenadas no espazo tócanse sen perder a súa identidade.
    De superposición. As formas ordenadas no plano unha sobre enriba da outra.
    De penetración. Fórmanas relaciónanse introducíndose unha dentro da outra pero sen perder a súa identidade como forma.
    De unión ou fusión. Dúas formas únense fundíndose nunha soa.
    De subtracción. Cando unha das formas elimina a parte na que entre en contacto coa outra. Xerando unha zona baleira na forma.
    As formas tridimensionais (3D)

    As formas tridimensionais desenvólvense no espazo, non xa no plano, sendo esta a súa primeira e principal diferenza no sentido perceptual, con relación ás planas. Pódense observar dende varios puntos de vista.

    As formas tridimensionais, precisamente por selo, é dicir, por desenvolverse sobre as tres dimensións, son capaces de adquirir un moi elevado grao de iconicidade.

Tarefa

O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade:

  1. Localizar 6 imaxes diferentes como obras pictóricas, paisaxes, bodegóns, escenas, carteis publicitarios, fotografías, etc...
  2. Clasificalas en función dos diferentes esquemas formulados na introdución...
  3. Xustificar a devandita clasificación.

Tempo de execución: Dúas sesións.

Proceso

  1. Consultar con atención os diferentes enlaces que recomendamos en recursos e a información da introdución.
  2. Cada alumno realizase a seguinte actividade:

    Unha táboa con catro columnas na primeira colocásese a imaxe, na segunda clasificásese as formas, na terceira indicásense as diferentes calidades das formas e na cuarta comentásese a organización e estrutura da forma. Hai que xustificar cada un dos apartados.

Recursos

Para realizar a vosa investigación e poder desenvolver o traballo, teredes que acceder ás seguintes páxinas e consultar a información que hai na introdución.

http://www.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/teoria-de-la-representacion/fundamentos-composicion.htm

http://blog.educastur.es/luciaag/2007/05/04/la-composicion-organizacion-de-la-forma-y-su-entorno-en-el-plano/

http://imageneso.blogspot.com.es/2009/06/la-forma.html

http://recursostic.educacion.es/artes/plastic/web/cms/index.php?id=140

https://sites.google.com/site/escuelana528laforma/elementos-que-configuran-la-forma

http://imageneso.blogspot.com.es/2009/06/bidimensionales-y-tridimensionales.html

http://es.scribd.com/doc/56023667/Composicion-plastica

Puntuación Incompleto
1
Medio
1,5
Ben/Excelente
2/2,5
Traballo e presentación final:: O alumno non traballou o suficiente.
O resultado xeral non é bo.
A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable. O alumno traballou de forma axeitada..
A presentación final é clara e ordenada.
Traballo de Investigación. A investigación é insuficiente e faltan datos. A investigación é correcta. A investigación é profunda e está baseada nos enlaces recomendados.
Uso das TIC. Dificultades na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Algúns problemas na utilización correcta dos recursos informáticos propostos. Utilización moi correcta dos recursos informáticos propostos e mesmo doutros programas.
Actividade 1: Primeira fase.Localización das imaxes. O traballo é pouco creativo ou incorrecto, non se corresponde co esquema indicado. O traballo é correcto pero mellorable. O traballo é creativo, atractivo e responde perfectamente ao que se requiría no exercicio.
Actividade 2: Segunda fase. Análise das imaxes. O resultado é desordenado e incompleto e a análise non reflicte ningún dos aspectos requiridos. A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada.
Actividade_1:

Conclusións

Unha vez finalizado o traballo:
Os alumnos terán reflexionado de forma individual sobre as diferentes formas que temos no noso ámbito e como se relacionan.

En grupo reflexionasen sobre está forma de traballar, as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.