Os bosques son formacións vexetais que posúen árbores no seu estrato superior. Existen numerosas clasificacións atendendo a distintos criterios.
Segundo as copas e pólas estean separadas ou unidas distinguimos entre bosques abertos e bosques pechados.
Pola súa altura podemos diferenciar:
Segundo as súas follas sexan verdes todo o ano ou non distinguimos os bosques perennifolios e os caducifolios, nos que as árbores perden as follas na época desfavorable.
Un dos sistemas máis habituais de clasificación é polo tipo de árbore maioritario; se o que máis abunda é o carballo falamos de carballeira, se son as faias, de faiais e a así sucesivamente.
Outra clasificación menos coñecida ten en conta a naturalidade ou grado de alteración do bosque. Deste xeito existen:
Por último, atendendo tanto ao aspecto coma a criterios bioclimáticos, recoñecense 6 tipos fundamentais de bosques:
Tipo | Macroclima | Zonas latitudinais e exemplos |
---|---|---|
Plurisilva (bosques perennifolios) |
Tropical sen estación seca | Amazonía, Zaire, Indonesia |
Hiemisilva (bosques caducifolios) |
Tropical con estación seca | Bosques caducifolios do cerradao brasileiro, bosques da sabana de África Oriental |
Laurisilva (bosque perennifolio con sotobosque denso) |
Tropical, templado e mediterráneo chuvioso oceánico | Yungas andinas de néboas, bosques subtropicais lauroides de China, monte verde mediterráneo e templado canario-madeirense |
Durisilva (bosques perennifolios con sotobosque denso) |
Mediterráneo con largo periodo de seca estival. | Enciñais e sobreirais do suroeste europeo e noroeste africano. |
Aestisilva (bosques caducifolios con sotobosque rico en herba e plantas bulbosas) |
mayoritariamente en macroclima temperado con veráns chuviosos | Bosques de carballos e faias en Europa e de pradairo en Norteamérica. |
Aciculisilva (bosques de coníferas) |
Boreal e altas montañas temperadas ou mediterráneas | Ampla distribución nos territorios temperados de Eurasia e Norteamérica. Tamén aparecen nas montañas das zonas eutropicales e subtropicales de México y Brasil. |
Hábitats bosques: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces