Tipos de hábitats bosque: Abeledas
As abeleiras son árbores que non necesitan moita luz para sobrevivir pero si necesitan gran cantidade de auga no solo, polo que é frecuente atopalas nos sotobosques doutros bosques coma carballeiras, faiais ou bidueirais.
No norte e montañas orientais galegas, se o bosque orixinal degrádase, nas zonas con maior humidade do solo, as abeleiras substitúen ás árbores orixinais formando densos bosques con alta biodiversidade. Nestes novos bosques aparecen acivros, teixos, capudres, freixos, pradairos e salgueiros.
Nas carballeiras do norte galego, baixo certas circunstancias, chegan a ser dominantes.
Localización: áreas de abundantes chuvias, sotobosques
Pisos bioclimáticos: meso – supratemperado. Baixan ata o termotemperado.
Tipo de solos: as abeledas son independentes do tipo de substrato pero os solos teñen que ser frescos, húmidos e soltos.
Localización bioxeográfica: varios sectores.
ALTURA
0 – 1500 m
Son formacións de gran importancia protectora, ecolóxica e paisaxística, pois protexen e crean solo, axudan ao mantemento do ciclo da auga, son sumideiros de CO2, axudan a manter a biodiversidade animal e vexetal, xa que moitos animais, incluídos invertebrados atopan nelas protección e alimento, asemade outros seres vivos poden aproveitar os seus restos durante todo o ano. Tamén as abeledas son un recurso económico interesante, que, ben xestionado, pode levar benestar ás zonas onde se atopa xa que dános abelás e refuxio para os distintos seres vivos e tamén son un ben de interese turístico, pois o seus grado de conservación é aceptable, xa que atópanse en ladeiras inclinadas non aproveitables para a agricultura en localidades con elevada humidade edáfica e ambiental, polo que o lume non soe afectarlles.
A localización potencial das abeledas fixo que en moitos casos foran substituídas por prados ou cultivos, o que fai que queden moi poucas manchas na actualidade.
A diminución da presión antrópica pode favorecer a súa conservación e expansión. A máis a utilidade dos seus froitos permite o mantemento polo cultivo da abelá
Estes bosques que se desenvolven sobre solos neutros ou básicos do norte e leste do país son formacións de pequena altura e escasa extensión que se consideran etapas xuvenís das carballeiras, faiais e bosques de cerquiño cos que contacta.
Algunhas árbores que acompañan á abeleira son o freixo ou pradairo, ademais doutras de zonas máis cálidas coma o espiño albar. Non estrato herbáceo é frecuente o onfalodes
Localización: terras fértiles neutras ou básicas que se desenvolven sobre calcáreas do norte e leste galego.
Pisos bioclimáticos: -
Localización bioxeográfica: sector Orocantábrico occidental e sector Galaico-Asturiano.
Nas montañas orientais podemos atopar estes bosques de altura media (4 – 10m) que están formados por abeleiras, acivros, espiños albares, sanguiños e no estrato herbáceo plantas esixentes en nutrientes e humus coma o buño silvático, anémonas ou o fento fentalla ( Polystichum setiferum).
Aínda que estas abeleiras aparecen en zonas húmidas de todas as montañas do leste galego substituíndo a varios bosques, na zona do Cebreiro e o Courel substitúe aos faiais.
Localización: nas montañas orientais, Cebreiro, Courel, independentes do substrato.
Pisos bioclimáticos: -
Ombroclima: húmido – hiperhúmido.
Localización bioxeográfica: subprovincia Orocantábrica, sector Orocantábrico occidental e sector Galaico Duriense.
Nos terreos máis húmidos destas carballeiras aparecen abeledas.
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats bosque
Hábitats bosques: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces