Tipos de hábitats bosque: Bosques con acivro
Os acivros son árbores baixas (5-12 m) que desenvólvense sobre solos húmidos de climas nin demasiados fríos nin demasiado secos e aguantan moi ben a sombra, polo que viven illadas ou en pequenos grupos no interior de diferentes bosques temperados, frescos e húmidos, coma as carballeiras, faiais ou bidueirais. Así a todo, forman densas acevedas de pequena altura no interior deses bosques trala talla das árbores dominantes. Ademais, o seu sotobosque en forte sombrizo soamente permite o crecemento de plantas pouco esixentes coa luz, coma algún fento, seixebras, amorodos ou luzulas.
Non obstante, na maioría dos casos, as acevedas foron “abertas” ao pastoreo desde antano, para proporcionar abrigo ao gando durante os días fríos e frescor na calor.
Localización xeográfica: Preferentemente na parte oriental das provincias de Lugo e Ourense, no Xistral, Ancares, Courel, Invernadoiro e Pena Trevinca, pero podemos atopala por toda Galicia.
Localización topográfica: vales e cavorcos, cabeceiras de regatos de montaña, abas avesías e inclinadas
Pisos bioclimáticos: Non aparece en sitios con temperaturas menores a 0 ºC en inverno e a 12º C en verán.
Ombroclima: hiperhúmido. A disponibilidade de auga é os eu factor limitante. Necesita alomentos 600 mm de precipitacións anuais. Non aguanta a seca estival.
Tipo de solo: os acevedos son máis frecuentes sobre substratos acedos pero que teñan o solo ben desenvolvidos, con boa permeabilidade e con non moita materia orgánica; con todo algunhas acevedas aparecen sobre solos rochosos, pouco profundos e moi inestables.
Localización bioxeográfica: preferentemente no sector Orocantábrico, sector Galaico-Duriense e subsectores Penedense e Xuresiano do sector Galaico interior.
ALTURA
óptimo a + 1000 m
As acevedas son formacións de gran importancia ecolóxica pois protexen e crean solo, axudan ao mantemento do ciclo da auga, son sumideiros de CO2 e axudan a manter a biodiversidade animal e vexetal, xa que durante o inverno moitos animais coma diferentes zorzais e invertebrados fuxen da neve e atopan protección e alimento nestes bosques, asemade os herbívoros poden alimentarse das súas follas no inverno e outros seres vivos poden facelo dos seus restos durante todo o ano. As acevedas son un recurso económico interesante, que, ben xestionado, pode levar benestar ás zonas onde se atopa xa que dános madeira, leña, ramallos ornamentais invernais, forraxe invernal, refuxio para os distintos seres vivos e son un ben de interese turístico.
Nas localizacións máis favorables foi substituída desde antigo por prados.
A súa conservación é difícil pola fragamentación e escasa extensión destes pequenos bosques, o abandono dos usos tradicionais do bosque, o pastoreo e talla excesiva, o lume e a súa integración nos bosques clímax da zona.
Non obstante a súa situación topográfica case inaccesible protéxeos algo destas ameazas. Ademais pode axudar a súa protección a conservación das comunidades de aves fruxívoras, mamíferos herbívoros e carnívoros que poden dispersas as súas sementes, sen que a presión dos herbívoros sexa excesiva (3-4 cervos/Km2) , o mantemento da cuberta vexetal dos bosques climácidos de bidueirais e faiais , o mantemento dos claros neses bosques para que aparezan acevedas e a súa explotación económica coma recurso turístico sustentábel.
Co cambio climático actual estase a desprazar cara o norte.
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats bosque
Hábitats bosques: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces