Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Tipos de hábitats bosque: Carballeira de carballo albar

Ésta é unha carballeira pouco frecuente en Galicia. Soamente a atopamos a partir dos 700m nas montañas orientais e no norte da provincia de A Coruña, xunto co carballo e híbridos de ambos. Soe aparecer entre os bosques de cerquiños montanos máis baixos e os bidueirais altimontanos máis enriba.

Localización: ladeiras pedregosas das serras dos Ancares e Courel. Nas primeiras idades tolera a sombra protectora doutros vexetais.
Tipo de solo: esta carballeira asenta sobre calquera tipo de substrato, pero aparece sobre todo nos substratos acedos galegos; a súa necesidade de nutrientes é escasa e os solos onde se desenvolve soen ser máis pobres, menos profundos e húmidos que as carballeiras.
Localización bioxeográfica: rexión Eurosiberiana, sector laciano ancarense, antigo subsector naviano ancarense.

ALTITUDE
700 - 1500m

Carballeira albar

Importancia

As carballeiras de carballo albar son formacións de gran importancia ecolóxica pois protexen e crean solo, axudan ao mantemento do ciclo da auga, son sumideiros de CO2 e axudan a manter a biodiversidade animal e vexetal. Grazas a estes bosques mantivéronse ata hai pouco vertebrados en perigo de extinción coma a pita do monte, o oso, o pito negro ou o bufo real. Tamén os invertebrados atopan protección nestes bosques. Asemade as carballeira  son un recurso económico interesante, que, ben xestionado, pode levar benestar ás zonas onde se atopa xa que dános madeira, leña, refuxio para os distintos seres vivos e tamén son un ben de interese turístico e cultural.

Ameazas

Conservación

Tipos de carballeiras de carballo albar

Carballeiras de carballo albar con paxariños (700 - 1700 m)

Esta carballeira atópase localizada en altura entre os rebolais montanos máis baixos e as bidueiras altimontanas por enriba.

As árbores que acompañan ao carballo albar e os seus híbridos son os teixos, rebolos, faias, bidueiros, abeleiras, acivros, pradairos e capudres.

Nas localidades con solos máis pobres substitúe aos faiais típicos.

Localización: serra dos Ancares e do Courel
Pisos bioclimáticos: montano
Ombroclima:
Localización bioxeográfica: rexión Eurosiberiana, sector laciano ancarense, antigo subsector naviano ancarense

Carballeiras de carballo albar con luzula (1100 - 1500 m)

É unha carballeira de carballo albar da que se atopan restos de pouca extensión nas zonas máis umbrosas das serras orientais, entre os 1100 e 1500 metros. Caracterízase  por ter no seu estrato herbáceo a herba Luzula sylvatica subsp henriquesii.

Localización: serra dos Ancares e do Courel
Pisos bioclimáticos: montano
Ombroclima:
Localización bioxeográfica: rexión Eurosiberiana, sector laciano ancarense, antigo subsector naviano ancarense

Voltar ao mapa dos tipos de hábitats bosque

Hábitats bosques: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces

Contacto e créditos